O Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira, ofertoulles aos centros de ensino da comarca, a posibilidade de participar na actividade Verbas marabillosas, unha iniciativa consistente en elaborar e deseñar textos breves e atractivos, con mensaxes positivas de amor, acompañados ou non, dun debuxo alusivo para agasallar as persoas queridas.

 

Os textos que poden ser citas de autores famosos ou cantigas, ou mesmo de creación propia, hainos que enviar ao correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. gardado en formato jpg ou similar.

 Polo de agora, os centros participantes son as Escolas Infantís de Lañas e Aro e, mailo instituto Xulián Magariños. Os propios centros escollerán os dez mellores e destes, elaboraránse adhesivos que serán repartidos entre todo o alumnado participante. Tamén difundiranse a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (http://snl.concellodabana.es).

Está previsto que as creacións sexan elaboradas durante o presente mes de febreiro, sendo o seu obxetivo o fomentar o uso do galego entre o alumnado, ademáis de favorecer a imaxinación e a creatividade en galego, en conmemoración de febreiro como o mes dos paxariños e do amor.

As persoas destinatarias van selos alumnos dos centros de ensino da contorna e os traballos deberán ser remitidos antes do día 29 de febreiro, inclusive.

powered by social2s