No presente mes de xaneiro ponse en marcha por segundo ano, o programa Psicomotricidade educativa preventiva, na Escola Municipal Infantil, financiado polo Concello de Negreira e que corre a cargo do persoal da empresa Medrando Xuntos S. C. P.

 

Este programa está dirixido ós nenos/as do terceiro ano de Educación Infantil. O desenrolo psicomotor dos nenos/as nesta etapa madurativa é un obxectivo fundamental, pois condiciona tódalas aprendizaxes preescolares e escolares que se adquiren a posteriori.

 

Ata os 6/7 anos hai que contemplar ós nenos/as como seres globales, osea, as aprendizaxes cognitivas, afectivas, e motrices están vinculadas, sendo o movemento e a acción (expresividade motríz) os medios empregados polo neno/a para madurar, aprender, coñecerse, coñecer o contorno, asegurarse dos seus medos, expresase….

 

A psicomotricidade polo tanto non está dirixida só á adquisición de destrezas motrices, senón que tamén favorece os procesos psicolóxicos que acontecen nesta etapa, que están nas bases da adquisición da identidade, da personalidade, autoestima, seguridade emocional, creatividade, capacidade empática, tolerancia a frustración….

 

O neno poderá expresarse, experimenta e aprender grazas a:

 

1.Un clima de xogo libre,

 

2.un espazo diseñado (con material específico para este traballo), organizado e pensado para a expresividade motríz dos nenos/as,

 

3.un adulto que respeta á individualidade de cada quen e que potencia as sáus fortalezas,

 

4.Unha axeitada lectura da expresividade motríz de cada neno/a,…

 

A emoción que espertou o curso pasado este traballo nos nenos/as que asistían, din dende a empresa que é indicador «sen lugar a dúbidas, do importante sentido que ten para eles», ademáis de mostrar a nivel pedagóxico «a trascendencia destas experiencias que se viven na sala de psicomotricidade para a sana evolución dos nenos/as», precisaron.

powered by social2s