Na rúa de San Mauro e no entorno do Pazo  do Cotón, emblema da vila capital do Val de Barcala, terá lugar  a décima edición da Feira do Románico de Negreira.

O pasado ano centos de veciños e visitantes disfrutaron desta recreación histórica que se convertiu nun dos símbolos culturais da vila que viu nacer a un dos máis afamados trobadores galegos; “Afonso Eanes”. Ante esta previsión, o Concello  ultima xa os detalles desta cita, que se  vai a celebrar o primeiro fin de semana de setembro 

Para quen queira coñecer o municipio baixo tan traballado ambiente, a organización está a diseñar un completo programa de actividades e espectáculos para todas as idades, que abarcan desde obradoiros a música en vivo pasando por unha ampla variedade de actividades lúdicas. 

Entre os maiores atractivos da feira destaca o mercado, representacións teatrais, seres doutras épocas, ademáis da presencia de grupos de música encargados de poñer banda sonora á feira e que asegurará o bo ambiente. 

Dende o Concello animan a todos os veciños a que se vistan con traxes medievais e que colaboren con este evento que cada ano medra en popularidade.

powered by social2s