omeza o “Verán Deportivo” 2024

 O Concello de Negreira comeza o seu programa de actividades deportivas para este verán, dirixido a tódolos públicos e cunha oferta variada que busca fomentar a participación e o exercicio físico durante os meses de xullo, agosto e parte de setembro.


O programa, deseñado polo departamento de deportes, inclúe disciplinas como fútbol, baloncesto, natación e sendeirismo, ademais de actividades específicas para os máis novos, como talleres deportivos e xogos populares.


As actividades levaranse a cabo en diferentes instalacións municipais, como o polideportivo, as piscinas e diversos roteiros naturais da contorna. Haberá, ademais, diversos Campus Deportivos específicos como o “Basket Training Days”, “Clínic de Tenis”, “Campus Voleibol Internacional” e tamén karate e hípica. As inscricións para participar nestas actividades xa están abertas e poden realizarse no departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura.


Trátase do primeiro verán no que o Concello de Negreira realiza un programa deportivo específico para o deporte, ofrecendo espazos de encontro e diversión para persoas de tódalas idades. Ademais, a iniciativa conta coa colaboración de varias entidades locais que achegarán recursos e voluntarios para asegurar o bo desenvolvemento de todas as actividades.


Con esta oferta, Negreira reafirma o seu compromiso co benestar e a súa aposta por un verán activo e participativo, onde o deporte e a convivencia serán os protagonistas.

 

 

powered by social2s