O Voluntariado Social do Concello de Negreira está a piques de rematar as súas actividades anuais de obradoiros de manualidades e artesanía, polo que un ano máis vén de inaugurar, coa presenza da concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, unha mostra dos traballos realizados polas alumnas dos talleres de Nadal, de velas ecolóxicas, bolillos, bordado, punto de cruz, muñequería, encaixe de horquilla, corte e confección, así como o taller de pintura.
Tódolos trabalos pódense ver na exposición que até finais de mes exponse no antigo baixo comercial de Mobles Maroñas, na esquina do Camiño Vello coa rúa da Cachurra. O público poderá acceder á mostra durante as clases e comprobalo traballo que realizan as alumnas.