Arredor dunhas setecentas persoas participan este sábado 7 de maio, no XXI Encontro dos Maiores que promove o Concello de Negreira, baixo unha gran carpa instalada no Campo da Feira, e cuxos actos comezarán cun concerto da Banda Ateneo de Negreira, baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, a partir das 13.15 horas, continuando cunha misa que se celebrará na Capela do Cotón. Acto seguido, comezará o xantar de confraternidade.

 

Ao longo da tarde contarase coa animación musical do dúo Meigas do Son, quenes amenizarán o baile dos participantes, ao tempo que haberá un recoñecemento para as dúas persoas (muller e home), de maior idade participantes.

Como tódolos anos haberá un servizo de buses que percorrerán as distintas zonas do concello para recoller aos participantes nos lugares de costume, para unha vez rematado o encontro regresar de volta. É requisito imprescindible que cada veciño/a presente o convite no momento de acceder á carpa.

powered by social2s