Por Decretos de Alcaldía nº 4/2016 e nº 5/2016, de data, ámbolos dous do día 12 de xaneiro de 2016, o Concello de Negreira informa que apróbaronse as Bases para a formación de listaxes de agarda do persoal laboral temporal seguinte:
- Educador/a Infantil da Escola Infantil Municipal.
- Coidador/a Infantil da Escola Infantil Municipal.
O prazo de presentación de solicitudes é o de cinco (5) días hábiles a contar desde o venres día 15 de xaneiro, atopándose o contido íntegro das referidas Bases na Secretaría Municipal.