A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria o día 28 de abril de 2015 ás 12.30 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Primeiro.- En relación á obra “Colectores xerais e EDAR en Barcala. Negreira-A Baña (A Coruña)”, o Alcalde-Presidente deste Concello deberá ordenar ós Técnicos Municipais a emisión de Informe así como a supervisión da obra ó efecto de que se respecte o correspondente Proxecto Técnico. O Informe Técnico de referencia formará parte da documentación do vindeiro Pleno Ordinario.
Punto Segundo.- O Alcalde-Presidente deste Concello deberá solicitar do Presidente da Deputación Provincial da Coruña a celebración, no Concello, dunha xuntanza coa Comisión de Seguemento da estrada Negreira-Pontenafonso.
Punto Terceiro.- En relación ao Convenio asinado entre a Alcaldía e as propietarias duns terreos situados na zona das Brañas, con anterioridade á execución da praza das Brañas, o Alcalde-Presidente deste Concello deberá solicitar Informe acerca da legalidade do Convenio á Secretaría Municipal, ademais de Informe sobre a legalidade do compromiso de gasto cifrado na cantidade de 3.700 euros anuais de xeito indefinido, á Intervención Municipal.
O motivo do pedido é a ausencia dos devanditos Informes no expediente.
Os dous Informes deberán facer parte da documentación do vindeiro Pleno ordinario.
Negreira, 24 de abril de 2015.
Alcalde-Presidente
Juan J. Rey Maceira
A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria o día 27 de abril de 2015 ás 12.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Único.- Sorteo para a formación das Mesas Electorais a constituir con ocasión das Eleccións Locais que se celebrarán con data de 24 de maio de 2015.
Negreira, 23 de abril de 2015.
A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión ordinaria o día 12 de marzo de 2015 ás 17.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:
- Acta do Pleno ordinario de data 13 de novembro de 2014.
- Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 24 de novembro de 2014.
- Acta do Pleno ordinario de data 8 de xaneiro de 2015.
- Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 23 de xaneiro de 2015.
Punto Segundo.- Dar conta dos Decretos emitidos pola Alcaldía dende a data do anterior Pleno Ordinario: Dende o Decreto nº1/2015 ata o Decreto
nº 29/2015, ámbolos dous inclusive.
Punto Terceiro.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento do servizo público da piscina climatizada e instalacións anexas do Concello de Negreira.
Punto Cuarto.- Rogos e preguntas.
Negreira, 9 de marzo de 2015.
A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria e urxente o día 8 de abril de 2015 ás 19.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Primeiro.- Xustificación da urxencia da convocatoria.
Punto Segundo.- Expediente de expropiación forzosa ós efectos de execución da obra Vial Variante del Tamara.- Resolución das alegacións presentadas e solicitude á Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.
Negreira, 7 de abril de 2015.
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada con data 2 de Marzo de 2015, aprobou o Proxecto Técnico da obra Vial Variante del Tamara-Proxecto de expropiación forzosa de los terrenos afectados por la variante del Tamara redactado polo arquitecto municipal D. Alfredo Varela Nogueira, con data de Febrero de 2015.
Ós efectos de cumprimento da Lei de 16 de decembro de 1954, de Expropiación Forzosa e do seu Regulamento, aprobado por Decreto de 26 de abril de 1957, se somete a información pública a relación de bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, que segue a continuación :
OBRA PÚBLICA: VIAL VARIANTE DO TAMARARELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXPROPIACIÓN FORZOSA
Durante o prazo de 15 días hábiles a contar desde o seguinte á inclusión deste anuncio na última das publicacións que seguidamente se dirán, poderán formularse as alegacións que se estimen oportunas co obxecto previsto na lexislación que, sobre a materia expropiatoria, se detalla no párrafo segundo deste anuncio.
Os medios de comunicación, oficiais e privados, de referencia, son os seguintes : Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, páxina web municipal:www.concellodenegreira.es e Diario "La Voz de Galicia", así como o Taboleiro municipal de Edictos.
Negreira, 3 de marzo de 2015.
Páxina 58 de 60