A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria o próximo día  27 de xaneiro de 2016 ás 20.00  horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, do “Convenio de colaboración entre os concellos de Santa Comba, A Baña, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvencion á Xunta de Galicia para a realización dun Obradoiro de Emprego.”

Punto Segundo.- Aprobación, se procede, do “Convenio de colaboración entre os concellos de Val do Dubra, da Baña, e Negreira  para a solicitude conxunta dunha subvencion á Xunta de Galicia para a realización dun Obradoiro de Emprego. “

Punto Terceiro.- Aprobación, se procede, do “Convenio de colaboración entre os concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvencion á Xunta de Galicia para a realización dun Plan Integral para o Emprego.

Punto Cuarto.- POS 2016.- Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía nº 8/2016, do 15 de xaneiro.

Punto Quinto.- Aprobación, se procede, de bonificación na cota tributaria do ICIO a favor da  AA.VV. San Eutelo de Logrosa.


Negreira, 22 de xaneiro de 2016.
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño

A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión ordinaria o próximo día  14 de marzo de 2016 ás 20.00  horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:

- Acta do Pleno extraordinario de data 14 de decembro de 2015.
- Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 28 de decembro de 2015.
- Acta do Pleno ordinario de data 11 de xaneiro de 2016.
- Acta do Pleno extraordinaria de data 27 de xaneiro de 2016.

Punto Segundo.- Dar conta dos Decretos emitidos pola Alcaldía dende a data do anterior Pleno Ordinario: Dende o Decreto nº1/2016 ata o Decreto 
nº 55/2016, ámbolos dous inclusive.

Punto Terceiro.- Plan de acción social (PAS) 2015.

Punto Cuarto.- Acordo de agrupación dos concellos de Negreira e A Baña cara á subvención contemplada na Orde de data 21.12.15 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.- Convalidación, se procede.-

Punto Quinto.- PAI 2016.

Punto Sexto.- Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos.

Punto Sétimo.- Expediente de modificación da Ordenanza reguladora das axudas ao transporte metropolitano social.- Aprobación inicial, se procede.

Punto Oitavo .- Moción que presenta o Grupo Municipal de Ciudadanos.- Partido de la Ciudadanía de Negreira en orde á solicitude, ante o SERGAS, da cobertura do servizo de matrona, amortizado na actualidade.

Punto Noveno.- Moción que presenta o Grupo Municipal de Ciudadanos.- Partido de la Ciudadanía de Negreira a prol da creación dun Fondo de Cohesión Social.  

Punto Décimo.- Moción que presenta o Grupo Municipal de Ciudadanos.- Partido de la Ciudadanía de Negreira a prol do emplazamento do futuro Centro de Día no terreno colindante co Centro de Saúde.

Punto Undécimo.- Moción que presenta o Grupo Municipal de Ciudadanos.- Partido de la Ciudadanía de Negreira cara a búsqueda dun local destinado ó almacén de alimentos máis axeitado que o que se dispón na actualidade.

Punto Duodécimo.- Moción que presenta o Grupo Municipal de Ciudadanos.- Partido de la Ciudadanía de Negreira solicitando diversas melloras na Escola Infantil Municipal.

Punto Décimoterceiro.- Proposta de dedicación do día das Letras Galegas -2017 a Xosé Manuel López “Ardeiro”.

Punto Décimocuarto.- Proxecto que presenta a Asociación Cultural “Afonso Eanes” en relación coa Lei de Memoria Histórica.

Punto Décimoquinto.- Rogos e Preguntas


Negreira, 10 de marzo de 2016.
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño

A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión ordinaria o próximo día  11 de xaneiro de 2016 ás 20.00  horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

Orde do día:

 

Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:

- Acta do Pleno ordinario de data 20 de xullo de 2015.

- Acta do Pleno ordinario de data 14 de setembro de 2015.

- Acta do Pleno ordinario  de data 9 de novembro de 2015.

- Acta do Pleno extraordinario de data 23 de novembro de 2015.

Punto Segundo.- Dar conta dos Decretos emitidos pola Alcaldía dende a data do anterior Pleno Ordinario: Dende o Decreto nº165/2015 ata o Decreto nº 196/2015, ámbolos dous inclusive.

Punto Sexto.- Rogos e Preguntas

 

Negreira, 7 de xaneiro de 2016.

Alcalde-Presidente

Jorge J. Tuñas Caamaño

16/12/2015
10/12/2015
07/12/2015
02/12/2015
11/11/2015
27/10/2015
27/10/2015
21/10/2015
06/10/2015
06/10/2015
11/09/2015
10/09/2015
08/09/2015
08/09/2015
28/08/2015
28/08/2015
18/08/2015
09/07/2015
02/07/2015
29/06/2015
18/06/2015
08/05/2015
04/03/2015