A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión ordinaria o día 14 de maio de 2015 ás 17.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:
- Acta do Pleno extraordinario de data 11 de febreiro de 2015 (convocatoria das 17.00 h.)
- Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 11 de febreiro de 2015 (convocatoria das 17.30 h.)
- Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 13 de febreiro de 2015.
- Acta do Pleno extraordinario de data 2 de marzo de 2015.
- Acta do Pleno ordinario de data 12 de marzo de 2015.
- Acta do Pleno extraordinario e urxente de data 8 de abril de 2015.
Punto Segundo.- Dar conta dos Decretos emitidos pola Alcaldía dende a data do anterior Pleno Ordinario: Dende o Decreto nº30/2015 ata o Decreto nº 68/2015, ámbolos dous inclusive.
Punto Terceiro.- Convalidación do Convenio de colaboración da Agrupación de Negreira e A Baña
Punto Cuarto.- Dar conta do Decreto nº36/2015, de data 26 de marzo.
Punto Quinto.- Proxecto de orzamento para o exercicio 2015
Punto Sexto.- Rogos e Preguntas
Negreira, 11 de maio de 2015.
Alcalde-Presidente
Juan J. Rey Maceira