A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria o próximo día 27 de xaneiro de 2016 ás 20.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Primeiro.- Aprobación, se procede, do “Convenio de colaboración entre os concellos de Santa Comba, A Baña, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvencion á Xunta de Galicia para a realización dun Obradoiro de Emprego.”
Punto Segundo.- Aprobación, se procede, do “Convenio de colaboración entre os concellos de Val do Dubra, da Baña, e Negreira para a solicitude conxunta dunha subvencion á Xunta de Galicia para a realización dun Obradoiro de Emprego. “
Punto Terceiro.- Aprobación, se procede, do “Convenio de colaboración entre os concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvencion á Xunta de Galicia para a realización dun Plan Integral para o Emprego.
Punto Cuarto.- POS 2016.- Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía nº 8/2016, do 15 de xaneiro.
Punto Quinto.- Aprobación, se procede, de bonificación na cota tributaria do ICIO a favor da AA.VV. San Eutelo de Logrosa.
Negreira, 22 de xaneiro de 2016.Alcalde-PresidenteJorge J. Tuñas Caamaño