Período Medio de Pago
1.- Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:a).- Organismo: Concello de Negreira.b).- Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.e).- Obtención de documentación e información: Secretaría.1).- Dependencia: Casa do Concello2).- Domicilio: R/Carmen n°33).- Localidade e código postal: Negreira.- 15830.4).- Teléfono: 981-88 52 50.5).- Telefax: 981-88 53 28.6).- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.7).- Dirección de Internet do perfil do contratante: http://www.concellodenegreira.es
2.- Obxecto do contrato:a).- Tipo: contrato de xestión de servizos públicos.b).- Descrición: contrato administrativo de xestión do servizo público, na súa modalidade de concesión, da piscina cuberta e climatizada municipal do Concello de Negreira” Clasificación de Productos por Actividades CPA-2008/ 93.11.1 Servizos de xestión de instalacións deportivas.c).- Lugar de execución: Negreira.d).- Duración: 15 anos prorrogables, por 2 trienios sucesivos ata completar un máximo de 21 anos.
3.- Tramitación e procedemento:a).- Tramitación: Urxenteb).- Procedemento: Procedemento aberto.c).- Criterios de adxudicación: Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a presente contratación
4.- Garantías esixidas: Garantía provisional : 3% da achega municipal anual para 2014 prevista como máxima no prego de cláusulas administrativas particulares.Garantía definitiva: 5% da achega municipal correspondente á oferta de licitación que resulte adxudicataria.
5.- Requisitos específicos do contratista:a).- Clasificación, no seu caso (grupo, subgrupo e categoría): Non se esixe.b).- Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, no seu caso:As esixidas consonte ó prego de cláusulas administrativas particulares.
6.- Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:a).- Data límite de presentación: O prazo de presentación de ofertas será o de 8 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.As publicacións do presente anuncio efectuaranse nos seguintes medios: BOP de A Coruña e perfil do contratante ubicado na páxina web do Concello: http://www.concellodenegreira.esb).- Lugar de presentación:1.- Dependencia: Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Negreira2.- Domicilio: R/Carmen n° 3.3.- Localidade e código postal: Negreira.- 15830.4.- Horario: De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os sábados 10.00 a 13.00 horas.
7.- Apertura de ofertas:a).-Dirección: Salón de Plenos do Concello de Negreira.-R/Carmen n° 3b).- Localidade e código postal: Negreira.-15830c).- Data e hora: A apertura da documentación administrativa terá lugar o terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo para a súa presentación, excepto sábados. A hora desta xuntanza e circunstancias das que, con posterioridade, celebre a Mesa de Contratación, publicaranse no Perfil do Contratante.
Negreira, 20 de marzo de 2014.Alcalde-PresidenteJuan José Rey Maceira
Data desta publicación: 20 de marzo de 2014