En cumprimento do disposto polo artigo 29.3 do RD 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, en relación coa Cláusula Oitava do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, faise pública a composición do Comité de Expertos que comunica o Servizo de Asistencia Técnica a Municipios da Deputación Provincial da Coruña:

- Don Pedro A. González Pérez, Arquitecto Técnico do Servizo de Asistencia Técnica a Municipios.

- Dona Isabel Pena Barca, Enxeñeira Técnica Industrial do Servizo de Asistencia Técnica a Municipios.

- Don José Luis Ledo Seijas, Enxeñeiro Técnico Industrial do Servizo de Arquitectura e Mantemento.

Negreira, 14 de xuño de 2016.
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño