Unha unidade móbil de doazón de sangue visita este venres día 16 o noso concello, dentro da campaña periódica de recollida de doazóns de sangue que realiza a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue. Dita unidade móbil permanecerá estacionada nas inmediacións do Centro de Saúde, na rúa de Castelao, en horario de 16:00 ás 21:00 horas.

 

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar débese agardar dúas horas. Non esquecer levar a tarxeta de doador, DNI ou outro documento similar e, informar ao médico se está a tomar algún medicamento.

 

Tódolos días hai moitas persoas nos hospitais galegos que necesitan recibir unha transfusión dun compoñente do sangue, porque hai que operalas, transplantarlles un órgano, padecen cancro, tiveron un accidente de tráfico, unha hemorraxia....

 

Desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradecen o esforzo e a labor altruista dos veciños/as de Negreira que colaboran coas campañas de recollida de sangue.

powered by social2s

Este sábado arrinca a programación do Nadal do Concello de Negreira coa II Quedada BTT Solidaria que organiza a Asociación Deportivo e Cultural Bttavernas, cuxa saída será ás 10 horas dende o Instituto Xulián Magariños, e onde cada participante poderá entregar un quilo de alimentos non percedeiros que posteriormente vai ser remitida aos Servizos Sociais do Concello.

 

O domingo 18 pola tarde chega un dos pratos fortes co Gran Festival de Nadal, organizado pola Asociación Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, a partires das 18 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A actuación dos títeres de Caramuxo, coa obra ¨Feo¨, o martes 20 ás 11 horas no Auditorio, marca as xornadas previas aos días grandes do Nadal, incluíndo o mércores 21 a Audición de Nadal do alumnado da Escola Municipal de Música, ás 19 horas no Auditorio.

 

Non faltarán os obradoiros Divernadal, do 22 ó 30 de decembro, polas mañás na entrada ó Centro Sociocultural. De 7 a 11 anos, de 10:30 a 12:00 horas, e de 4 a 6 anos, de 12 a 13.30 horas. O prezo é de 5 euros.

 

O xoves 22 haberá un Maratón Solidario de Bike, na Piscina Municipal de Pedra Mámoa, de 17 ás 22 horas. Nestas instalacións celebrarase outro maratón solidario, desta volta de Zumba Kids e Pilates, o venres 23 a partir das cinco da tarde. Tamén o venres 23 haberá un Torneo de Xadrez, de sete a nove da noite na Casa da Cultura.

 

Belén de cumios

 

Unha das actividades carismáticas do Nadal como é o Belén de Cumios vaise celebrar o sábado día 24 pola mañá coa subida ó monte da Pena. A saída será ás 09:30 horas desde o Campo da Feira, e os interesados deberán anotarse en Cultura e Deportes.

 

O luns 26 teremos unha proxección de cine, ás 18 horas no Auditorio e, o martes 27 será a quenda para o teatro coa Escola Municipal, tamén ás seis da tarde no Auditorio.

 

En xaneiro

 

Xa metidos no novo ano, o luns día 2 haberá cine, ás seis da tarde no Auditorio, mentres que o xoves día 5 chegará a Gran Cabalgada dos Reis Magos, coa recepción ás seis da tarde no balcón da Casa do Concello e remate do percorrido real no Pavillón do Colexio do Coto, coa entrega de agasallos aos nenos/as.

 

Outras actividades

 

Torneo de Padel (sábado 7), no Comprexo Deportivo de Pedra Mámoa e, o XXV Torneo de Kárate O Coto (sábado 21), dende as seis da tarde no Pavillón de Pedra Mámoa.

 

powered by social2s

O Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira, coa colaboración da Deputación da Coruña, promoven catro obradoiros formativos: Elaboración de conservas; elaboración de pan; elaboración de queixos e derivados, e de fruticultura e poda de inxertos.

 

Inscricións: Servizo Local de Emprego; na primeira pranta da Casa do Concello, en horario de mañá. Rúa do Carme, 3.

Sonia Ponte (881.035.150) e Sonia Nieto (881.035.160).

 

II  OBRADOIRO DE CONSERVAS

Curso de elaboración de conservas de alimentos agropecuarios.

Nº prazas: 15 persoas.

Data: A concretar no mes de decembro, por riguroso orde de entrada.

Lugar: Local Social de Romarís (parroquia de San Cristobo de Arzón).

Tralo taller visitaranse varias conserveiras para ver o proceso de fabricación. As clases serán 2 días (4 horas de duración cada día) e será de horario de tarde.

 

OBRADOIRO  DE  ELABORACIÓN DE PAN

Nº prazas: 15 persoas

Lugar: Panadería Xallas (Polígono empresarial).

Duración: 2 días (4 horas/xornada).

Data de inicio: A concretar en canto se faga grupo.

Inscricións: Por estricto orde de entrada.

 

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE QUEIXOS E DERIVADOS

Nº prazas: 15 persoas.

Data: A concretar no mes de decembro, por riguroso orde de entrada.

Lugar de realización: Local Social de Pesadoira (parroquia de Santo Tomé de Alvite.

Tralo taller visitarase unha queixería para ver o proceso de fabricación.

Duración: 2 días (4 horas/día), en horario de tarde.

 

OBRADOIRO DE  FRUTICULTURA – PODA E INXERTOS

Nº prazas: 15 persoas.

Data: A concretar no meses de decembro/xaneiro, por riguroso orde de entrada.

Lugar: Local Social de San Martiño de Broño.

Duración: En total serán 10 horas. 2 teóricas e o resto prácticas que se realizarán nas fincas dos alumnos/as participantes.

powered by social2s

O Concello de Negreira, compretou por segundo ano consecutivo, a súa participación no programa de movilidade transnacional Galeuropa, unha iniciativa enfocada a facilitar a realización de prácticas laborais non remuneradas en países europeos, e que persegue a inserción laboral entre mozas e mozos de non máis de 30 anos.

 

En total foron dazaséis os mozos e mozas participantes, quenes participaron en sendas tertulias na emisora de radio municipal Radio Negreira para contar cómo lles foi nos dous países de destino: Finlandia e Inglaterra. Alí, os xóvenes realizaron prácticas en centros ou empresas segundo o seu perfil profesional, as cales previamente foron buscadas desde Galicia, en colaboración cos socios de acollida meses países, e sendo aloxados con familias de acollida ou ben en pisos de aluguer durante os tres meses da súa estadía en Londres ou Helsinki.

 

 

O pasado día 13 de novembro regresaron da súa estadía en Helsinki de sete xóvenes, entre eles, dúas mozas de Negreira, quenes realizaron prácticas de aprendizaxe en tres gardeirías, sendo unha delas española.

Mentras, e máis recentemente, o resto dos participantes voltaban a Galicia o pasado día 26 de novembro procedentes de Londres. Na capital británica estiveron a realizar a súa etapa de prácticas en centros e empresas relacionadas na meirande parte dos casos coa súas formación académica e profesional, entre eles, unha estudante do noso concello, xunto con outros mozos de Ames, Santa Comba e Santiago.

 

 

Para todos eles, a experiencia foi positiva en liñas xerais, de cara a abrirse camiño no mercado laboral. E aínda que nalgún caso se lles ofreceu un contrato de traballo, o certo é que polas dificultades económicas de vivir en grandes urbes como Londres, algún deles rexeitou a posibilidade de quedarse a traballar.  

powered by social2s

¿Queres converterte nun elfo este Nadal? Pois participa na campaña: «Ningún neno sen agasallo», coa colaboración do Servizo de Voluntariado Social, do Concello de Negreira.

 

En decembro recibirás no teu e-mail unha carta na que unha nena ou un neno, pedirá varios agasallos, dos que mercarás só un deles cun valor inferior aos trinta euros.

 

Infórmate na web: www.elfosycalcetines.org, ou no número de teléfono: 687 054 635 (preguntar por Merche). 

 

 

 

 

powered by social2s