escaparate_221123.jpg

O Concello de Negreira convoca o IV Concurso de Decoración de Nadal, co obxectivo de promover o embelecemento da vila facendo partícipe a poboación e o tecido económico. O proxecto contribuirá á participación activa do pobo de Negreira na tradición do Nadal e á posta en valor do comercio, a hostalaría e o patrimonio cultural.

As inscricións serán gratuítas e estarán abertas a toda a poboación maior de idade do Concello de Negreira e establecementos hostaleiros e comerciais con actividade emprazada no termo municipal.

 

¿Como inscribirse?

 Mediante un email a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., e indicando o nome, apelidos e DNI da persoa representante, teléfono, correo-e, e o enderezo da vivenda ou establecemento onde se levará a cabo a decoración obxecto do concurso, incluíndo tódolos datos precisos para a súa localización, así como o nome do establecemento na categoría de establecementos. Como alternativa, tamén se poderán realizar as inscricións de luns a venres non festivos de 9:30 h a 14:00 h na Casa da Cultura, ou no número de teléfono: 981 885 886.

 

Período de inscricións

Dende o 23 de novembro ás 14 h do venres 12 de decembro.

 

Categorías de participación

a) Particulares

Poderán participar dentro desta categoría vivendas unifamiliares, tanto casas como pisos, así como conxuntos formados por comunidades de veciños dun edificio. Para o concurso valorarase unicamente a decoración visible dende a vía pública (entradas, fiestras, balcóns, xardíns, árbores de nadal, etc.).

b) Establecementos

Poderán participar dentro desta categoría tódolos establecementos comerciais e de hostalaría emprazados no termo municipal de Negreira. Valorarase en conxunto a decoración para o concurso, que poderá realizarse nas zonas accesibles ou visibles para o público en xeral: no interior, no exterior, nos accesos e fiestras e nos escaparates. A decoración deberá manterse sen modificar dende o inicio ata a fin do concurso, podendo cambiarse outros elementos como os produtos en venda expostos.

 

Duración do concurso

A decoración deberá estar colocada dende o día 15 de decembro de 2023 ata o día 8 de xaneiro de 2024, ambos incluídos. A exposición será gratuíta e estará visible dende a vía pública (vivendas ou comunidades de veciños) ou lugares de acceso permitido e visibles (establecementos) para o goce da poboación.

 

Premios

Outorgaranse un máximo de tres premios en cada unha das dúas categorías, en función da puntuación outorgada polo xurado, que se baseará en tres aspectos de máximo 10 puntos cada un: creatividade, orixinalidade e apreciación de elementos locais.

a) Particulares

1º premio: Vale regalo de 100 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira

2º premio: Vale regalo de 60 € para gastar integramente en establecementos do Concello de Negreira

3º premio: Cesta de produtos

b) Establecementos

1º premio: 400 €

2º premio: 150 €

3º premio: Cesta de produtos

 

Consulta toda a información detallada nas Bases do concurso

 

powered by social2s