merca1.jpg

Negreira adianta a chegada oficial do Nadal coa celebración do seu tradicional Mercado de Nadal, este ano coa novidade de que estará instalado no pavillón do colexio O Coto. Agárdavos unha ampla variedade de artesanía, agasallos para estas festas, xogos, ou un espazo propio para alimentación e bebidas. E inauguramos o Nadal en Negreira, o sábado tarde-noite, coa actuación da escola de Latexo Percusión.

 

Para a rapazada haberá un inchable e obradoiros de Nadal gratuítos e, dentro da oferta do mercado: lámparas de cera; libros, mangas e cómic; produtos ecolóxicos; xoias botánicas; amigurumis deseñados exclusivamente para o noso mercado; esculturas de alambre; complementos en coiro e textil; madeira grabada; xoguetes…

 

Este ano no Mercado de Nadal tamén incluímos unha serie de postos solidarios de asociacións de Negreira para recadar fondos.

 

merca2.jpg

Programación

Venres 8 de decembro

12:00 - Inauguración

18:00 – Actuación do mago Charlie Brown

19:00 – Xogos con premio especial

19.30 – Actuación musical grupo D-3

Sábado 9 de decembro

12:00 – Actuación do grupo infantil da Escola Municipal de Pandeireta

18:00 – Actuación de baile Veiga do Cotón

18:30 – Patinada a ritmo de panxoliñas

20:00 – Batucada coa escola de Latexo Percusión

21:00 – Peche do mercado e acendido da iluminación de Nadal, na rúa

Domingo 10 de decembro

12:00 – Actuación do grupo de adultos da Escola Municipal de Pandeireta

13:00 – Pandereteiras e gaiteiros de Avania

17:00 – Actuación de Os Garuleiros

18:00 – Peche do mercado

 

powered by social2s