O Concello de Negreira está acometendo unha nova fase da renovación do alumeado público na avenida de Santiago, con financiación ao 100% do Fondo de Compensación Ambiental a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, da Xunta de Galicia.
O montante de adxudicación ascende a 49.100 € e resultou adxudicataria do contrato a firma Hallmann Energie SL. O presente proxecto inclúe a instalación de 10 puntos de luz con tecnoloxía LED de tipo ambiental, entre a rotonda da propia avenida e maila ponte sobre o regato de Duomes.
Os novos puntos de luz, de aceiro inoxidable, teñen unha altura de 5,35 metros e está previsto a retirada dos antigos puntos de luz e as súas cimentacións ao longo do treito en renovación.