foto portada

O Concello de Negreira deu hoxe o pistoletazo de saída á tempada das escolas deportivas e culturais rexistrando a maior cifra de usuarios e usuarias dende que foron implantadas. Trátase de 730 prazas ocupadas para unha ampla oferta de actividades que alcanza a todas as idades, o que demostra a gran aceptación que seguen tendo as escolas municipais que son unha referencia non só a nivel local, senón tamén a nivel comarcal xa que son moitas as persoas usuarias que proceden de concellos da contorna de Negreira.

A duración das escolas é de sete meses, rematando o 15 de maio de 2023. Cómpre salientar que entre a oferta de escolas deportivas, as disciplinas de pádel, e a de ximnasia de maiores, son dúas das que máis usuarias agrupan. Incluso, a de ximnasia de maiores, que conta con 58 persoas usuarias, houbo de ser ampliada nunha quenda máis, debido á forte demanda de prazas. Tamén destaca a novidade de zumba, de nova implantación e que conta con 42 usuarias no seu primeiro curso.


Foto 2


Entre as actividades culturais; pintura e pandeireta seguen sendo as favoritas entre a nosa veciñanza con máis de 150 nenos e adultos, entre as dúas disciplinas.
Dende o Concello de Negreira salientamos o “éxito” e a “extraordinaria acollida” que seguen tendo as escolas municipais nunha clara aposta pola vida saudable, a práctica deportiva e o fomento das actividades culturais e artes escénicas, tendo en común que a oferta abrangue a todas as idades.


Consulta a listaxe de admitidos:

https://bit.ly/3CdzOKs

powered by social2s