Igrexa Parroquial e Virxe da Paz, en Arzón

A Capela parroquial de San Cristovo de Arzón é de planta rectangular e unha soa nave con cuberta a dúas augas. Espadana simple dotada dunha soa campá e culminado cunha cruz.

No seu interior atópase a Virxe da Paz. Unha talla de alabastro duns 60 Cm de altura de pé, sobre unha peaña octogonal. Leva un manto cruzado sobre o peito e coroa sobre o velo que lle cubre a cabeza. Sostén o neno e porta unha túnica que deriva dous sistemas composteláns so século XII e unha coroa de tradición románica (figuras do Mestre Mateo). O seu rostro persegue unha intención naturalista con matices que subliñan a nova sensibilidade gótica. Ben puidera tratarse dunha talla do século XV ou dun produto dunha arte popular e retardadora (século XVI).