Igrexa de Covas

Entre as parroquias de Negreira e Zas, ó Norte  do concello está a parroquia de Covas. Nela atopámonos cunha igrexa que aparenta ser moi sinxela. No seu exterior non se atopan adornos mentres que no seu interior posúe un retablo rococó no cal se enmarca a Virxe das Neves, acompañada dunha lámpada isabelina de latón. 

Esta Virxe ofrece solucións góticas: o neno no colo, pregues acartonados e túnicas, rostros macizos e frontalidade. Podería datarse do século XVI con sabor do XV.

Como se pode contemplar, esta igrexa non ten campanario integrado, o cal atópase a uns metros, illado do templo parroquial, situado nun terreo máis elevado ca igrexa para convocar mellor a veciñanza. Este campanario posúe unha espadana co XVIII.