CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Consistorio e Partido Xudicial

No devir da guerra de independencia (1812), Aro foi nomeada sede do consistorio de Negreira, como froito da lexislación emanada das Cortes de Cádiz. Este feito, foi un máis das precipitadas decisións que durante as décadas centrais do século XIX se tomaron, produto, ó igual que o resto de España, dos litixios entre o partido liberal, liderado por Roque Ferreiro; e o moderado, encabezado por Antonio Fabeiro.

Durante setenta e tres anos a sede do consistorio de Negreira sufriría constantes traslados (Negreira-Aro), dependendo do partido que mantivera o poder. O último dos traslados sufriríase coa perdida da alcaldía de Antonio Fabeiro, motivada coa caída do goberno canovista, que establecería a Negreira como sede permanente do consistorio, primeiro no pazo de Cotón; e máis tarde, en 1927, na casa de Francisco Leis. Outras mudanzas se producirían no ano 1933, cando o consistorio se trasladou á actual Casa da cultura, na carreira de San Mauro, e por último no 1980, cando se muda ó decimonónico edificio construído para a cárcere e o xulgado de primeira instancia e instrución do Partido Xudicial de Negreira.

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA