A elaboración do Libro Blanco é o primeiro paso para crear un plan de xestión do patrimonio cultural e natural do noso concello.
A utilidade social e económica das ideas emanadas con esta valorización do Patrimonio Cultural e Medioambiental ambicionan, nun primeiro momento, en converterse nun protocolo ou Libro Branco que delimite claramente as bases dun futuro Modelo de Xestión do Patrimonio Cultural e Medioambiental do concello de Negreira.
Polo tanto, poderemos observar como este tipo de estudos poden transformar a clásica concepción negativa asociada ó Patrimonio Cultural, un elemento molesto para veciños, construtores e administracións á hora de xestiona-la cualificación do solo, nunha fonte de riqueza, social e económica, e de desenvolvemento endóxeno das sociedades rurais galegas.
A clave reside en apostar por un Patrimonio Cultural e Medioambiental organizado de tal xeito que sexa facilmente accesible, dentro dun discurso histórico e mediambiental que o dote de significado para todo tipo de público.
A continuación reflexamos os puntos clave que debe recoller o documento técnico que permita reflexionar sobre o estado do patrimonio cultural de Negreira e as accións necesarias para a súa rendibilización futura.
Descargar Libro Branco 8,18 Mb