Listado Provisional de Participantes nas prazas que quedaron libres de Finlandia e R.Unido

powered by social2s

maxia210817.jpgO mundo do ilusionismo ocupará a axenda cultural desta semana na nosa vila.

 

As diferentes propostas arrincarán o martes coa exposición de artiluxios de maxia 'Ilusións Ópticas' no parque do Coto entre as 18h e as 22h.

 

O xoves haberá un espectáculo do Mago Romarís na praza do Cotón (detrás da capela) ás 22h.  

 

Xa o sábado chega o prato forte coa Gala de Maxia, que estará dirixida polo Mago Martín Camiña. Será a partir das 22h no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Esta semana, ademais, haberá Festa da Auga na piscina municipal ao aire libre, con inchables e xogos para a rapazada durante toda a tarde. 

powered by social2s

noitefolk2017.jpgEsta fin de semana terá lugar unha das grandes citas do Verán Cultural do Concello de Negreira.

 

O vindeiro sábado, no Refuxio de Covas, celebrarase a XV edición da Noite Folk. Desta volta, o cartel traerá a Uxía, Treixadura e Tiruleque; cuns concertos que se sucederán por esta orde a partir das 22:30h.

 

Convidamos ao público asistente a que leve os sus instrumentos para facer foliada e recordamos que hai un espazo habilitado para acampar no propio Refuxio.

 

Ademais, o venres 18 haberá unha nova sesión das Noites en Vela na Ponte Maceira. Alí actuará a partir das 22:30 Lulavai, un grupo de arpas celtas composto por catro mulleres que tamén introducen as súas voces.

 

Uxía

Uxía é unha das voces fundamentais da música galega actual. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a nosa música tradicional conectándoa coas culturas atlánticas e mesturándoa con estilos como a morna, o fado ou con ritmos brasileiros.

 

Treixadura

Dende 1990, Treixadura constitúe un espectáculo musical sorprendente, coa música tradicional observada dende dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. Van alá máis de 25 anos de gravacións e concertos, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

 

Tiruleque

Tiruleque naceu na primavera de 2002 como consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Así, experimentan con repertorio recollido ao longo da xeografía galega e crean tamén composicións propias. 

Attachments:
Download this file (cartaz-noite-folk.pdf)Cartaz XV Noite Folk
powered by social2s

atentado_barcelona.jpgOs veciños de Negreira estan convocados hoxe venres, ás 12 do mediodía, a gardar cinco minutos de silencio diante da Casa Consistorial como mostra de repulsa a os atentados da tarde de onte en Barcelona.

 

O Concello sumase a proposta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que condenou enérxicamente o atentado e mostrou a súa solidariedade cos familiares das vítimas.

 

Do mesmo xeito, a FEMP convida a que durante tres días os consistorios manteñan as bandeiras a media asta en sinal de loito.

powered by social2s

emprego e o emprendemento rural.jpgA Asociación Terras de Compostela GDR 19 organiza un curso formativo para o fomento do emprego e da da iniciativa emprendedora no rural.

 

Está destinado á poboación activa, tanto persoas ocupadas como desempregadas, e terá lugar en Boqueixón, A Baña e Ames nas seguintes datas:

 

Boqueixon: 28, 29, 30, 31 de agosto, 1, 6 de setembro de 2017

A Baña: 18, 19, 20, 21, 22, 25 de setembro de 2017

Ames: 28 de setembro, 2, 3, 4, 5, 6 de outubro de 2017

 

O curso é gratuíto e ten unha duración estimada de 30 horas, en sesións de cinco horas (16:30-21:30) durante 6 días. O número de participantes será de 15.

 

Os contidos, distribuídos en catro módulos, están relacionados co desenvolvemento local participativo, os instrumentos para o desenvolvemento, os sectores de invervención económica e o proxecto económico das empresas.

 

Máis información e inscricións a través da asociación Terras de Compostela.

powered by social2s