compartimos_plan.jpg

A área de Igualdade da Deputacion da Coruña anima cun vídeo a concellos e entidades a participar no proxecto “Compartimos Plan”. Ferrol, Ribeira, Betanzos e Negreira inauguran este mes as presentacións para a elaboración do diagnóstico de igualdade.

 

Un vídeo coa participación de persoas de distintos concellos da Coruña anima a tomar parte nas presentacións do proxecto “Compartimos Plan”, promovido pola área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña.

 

“Que é para ti a igualdade?” é a pregunta que inicia o vídeo co que a área de Igualdade da Deputación anima a concellos e entidades a participar no programa “Compartimos plan” que ao longo destes dous meses se presentará nas dezaoito comarcas da Coruña.

 

 

O Centro Sociocultural de Negreira acollerá a presentación o vindeiro martes día 28 de novembro. Xa no mes de decembro, a equipa de Compartimos Plan continuará o ciclo de presentacións participativas o día 1 en Padrón, o 11 en Arzúa e Melide, o 12 en Ordes, o 13 na Coruña e o día 14 en As Pontes e Ortigueira.

 

No propio vídeo a responsábel da área, Ánxela Franco, reivindica o compromiso das administracións na construción da igualdade e que as mulleres “non sexan tratadas como gastos”. Franco demanda investimentos públicos na loita das mulleres para acadar un futuro máis xusto e igualitario. 

 

Co plan preténdese identificar as necesidades en materia de igualdade de xénero presentes na sociedade, ao fin de deseñar novas actuación dirixidas a superar os desequilibrios existentes por razón de xénero. Ademais do persoal da Deputación, o proxecto busca implicar o persoal técnico dos 93 concellos así como o tecido asociativo e demais axentes chave con interese no proceso, e todas as asociacións e colectivos que traballan a favor da igualdade.

 

Despois deste programa de carácter informativo, iniciarase a segunda fase de diagnose, que abranguera a detección de necesidades en materia de igualdade de xénero a nivel local e provincial, así como a compilación dos diferentes programas, servizos e recursos existentes xa, na provincia. 

powered by social2s

carreira2017saida.jpgO atleta marroquí Jaouad Chemlal, do equipo Playas de Castellón, segundo clasificado na recente 38ª Carreira Popular de Negreira ¨A Clásica¨, acadou a vitoria na 10K de Valencia este pasado domingo cun tempo en meta de 28 minutos e 43 segundos.

  chemlal.jpg

 

Pola súa banda, o seu compatriota Jaouad Tougane, olímpico en Río de Janeiro 2016 e terceiro na 38ª Carreira Popular de Negreira, obtivo un destacado segundo posto na prestixiosa 38ª edición da Carrera Popular de Canillejas, en Madrid, despois de estar escapado desde o quilómetro 4 da proba. Jaouad Tougane cruzou a liña de meta en 29 minutos e 15 segundos, a sete do vencedor, o seu compatriota Zakaria Mazouzi.

  corredores211117.jpg

 

En canto ao maratoniano negreirés Jorge Crespo Arias, uns problemas no cuádriceps impedíronlle rebaixar a súa mellor marca na Maratón de Valencia celebrada na capital do Turia o pasado domingo. Jorge entrou no posto 57 da xeral, sendo o undécimo clasificado na súa categoría de Veterán Masculino, cun tempo final de 2 horas, 28 minutos e 24 segundos, fronte a súa mellor marca de 2016: 02:24:46.

 

Clasificación local

 

Asemesmo, deixámosvos as clasificacións finais dos corredores de Negreira na 5K, 10K, así como nas probas Infantil-Alevín, e Benxamín, da 38ª Carreira Popular de Negreira "A Clásica¨, celebrada o domingo 12 de novembro.  

 

powered by social2s

jorge171117.jpgO concelleiro do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, Jorge Jesús Tuñas Caamaño, é dende este xoves 16 de novembro, o novo Alcalde-Presidente do Concello de Negreira, trala renuncia ó cargo do tamén concelleiro socialista, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

Jorge Jesús Tuñas Caamaño foi elixido alcalde cos seis votos a favor do Grupo Municipal Socialista, unha vez que tanto o Partido Popular, segunda forza política con cinco concelleiros, e Ciudadanos de Negreira, con dous, renunciaron a presentar candidato, respeitivamente. Como queira que o único candidato non obtivo a maioría absoluta de sete votos entre os trece membros da Corporación Municipal, éste foi elixido por selo candidato do partido político máis votado nas Eleccións Municipais de 2015.

 

pleno171117.jpg

powered by social2s

alimentos 5.jpgDende este luns 20 de novembro e até o día 5 de xaneiro de 2018 a veciñanza de Negreira pode entregar alimentos e produtos de hixiene e limpeza, nas caixas habilitadas nos supermercados da vila pola Asociación de Amas de Casa na súa campaña solidaria para axudar ás familias máis necesitadas do noso concello durante as festas do Nadal.

 

A campaña ponse en marcha en colaboración cos Servizos Sociais Comunitarios e os seguintes supermercados colaboradores: Casa Lula; Gadis; Eroski; MercaMas Froiz e Día.

 

Acéptanse toda clase de alimentos non perecedeiros como conservas, legumes, pan tostado, aceite, leite ou produtos básicos para almorzos e merendas, así como produtos de hixiene persoal e de limpeza.

 

A Asociación de Amas de Casa de Negreira dispón dun número de teléfono de contacto para aqueles particulares e profesionais que queiran facer as súas entregas persoalmente: 659 180 323.

powered by social2s

prebenxamin161117.jpgO venres 24 de novembro bota a andar unha nova tempada da Liga Comarcal de Fútbol Sala Base Barcala - Xallas - Muros, coa participación das Escolas Deportivas dos concellos de Negreira, Brión, Mazaricos, Santa Comba e Muros.

 

O Concello de Negreira contará cun equipo categoría prebenxamín, e dous benxamíns e alevíns, que fan un total de cinco equipos.

 

Na primeira xornada, o Negreira A medirase no Pavillón de Pedra Mámoa ao Brión B, a partir das seis da tarde, e o Negreira B xogará a domicilio co Amarelle Santa Comba A.

 

Equipos participantes:

 

Brión A (Prebenxamín e Alevín)

Brión B (Benxamín e Alevín)

EDM Mazaricos (Alevín)

ED Negreira A (Prebenxamín,benxamín e alevín)

ED Negreira B (Benxamín e alevín)

ED Os Miúdos A (Prebenxamín, benxamín e alevín)

ED Os Miúdos B (Prebenxamín, benxamín e alevín)

Amarelle Santa Comba A (Prebenxamín, benxamín e alevín)

Amarelle Santa Comba B (Prebenxamín e benxamín)

 

Attachments:
Download this file (calendario161117_2.pdf)Calendario
powered by social2s