galadep100218.jpgA sétima Gala do Deporte de Negreira serveu de homenaxe aos nosos deportistas e clubes. O xurado, composto por membros de todos os clubes, recoñeceu o esforzo dos dous anos do Triatlón Solidario de Negreira a favor das enfermidades raras, á vez que a madriña da gala, a nena Sara Vieites Ferreiro, todo un exemplo de esforzo e superación grazas ao deporte, puso en pé a todo un auditorio como mostra do agarimo do público participante na gala no que foi sen dúbida, o momento máis emotivo da velada.

 

Houbo homenaxes tamén a Pablo Carnota Brenlla, polo súa gran vinculación co deporte de Negreira e A Baña, falecido tristemente nun accidente de tráfico o pasado ano, ou o galardón ao mellor colaborador co deporte para a empresa Hermanos Mallón, homenaxeando a un dos seus fundadores, José Mallón Vilas.

 

O premio á traxectoria deportiva foi para Carolina Vázquez, tras máis de trinta anos como adestradora da Asociación O Coto, de kárate. O galardón de mellor club do 2017 levouso a Escola Akai Ryu, que tamñen viu como o premio de mellor deportista promesa masculina foi para David Rico Balea, de oito anos, campión galego en kata benxamín e participante no Campionato de España.

 

O de mellor promesa feminina foi para Alba Cuns, xoven atleta do Atletismo Negreira, campioa galega infantil de salto de lonxitude e subcampioa en velocidade, ademáis de campioa provincial.

 

O premio ao mellor deportista de 2017 recaeu no xoven porteiro da SD Negreira de Terceira División, Rodrigo Iglesias, membro da Selección Galega que está desputando a fase intermedia da Copa das Rexións Uefa de seleccións autonómicas. Este galardón foille entregado polo presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

 

O alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, estivo acompañado polo deputado provincial Antonio Leira, así como concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal, alternándose premios coas actuacións de alumnas da Escola de Ximnasia Rítmica, do mago Romarís e o colofón do espectáculo aéreo da compañía IO.

powered by social2s

portadagala.jpgUnha parálise cerebral lle dificulta moito a mobilidade e todos os tratamentos derivados someteulle a sesións interminables de médicos e fisioterapeutas, que ata limitaron o seu rendemento. Con todo, a forza de Sara Vieites Ferreiro, unha nena de dez anos natural do concello de Cee, e o seu gusto polo deporte e particularmente polas carreiras populares, fixeron que derrubase múltiples barreiras, sendo todo un exemplo de superación grazas ao deporte.

 

sara010218.jpg 

Este venres 2 de febreiro, o Auditorio do Centro Sociocultural volta a vestir as súas mellores galas por sétimo ano consecutivo na entrega dos premios anuais que recoñecen os méritos deportivos entre a veciñanza do noso concello, quenes co seu esforzo e compromiso, levan o nome de Negreira por toda Galicia e tamén por España adiante.

 

A partir das 21:00 horas comezará un evento, que ademáis dos recoñecementos aos méritos deportivos, inclúe actuacións musicais e exhibicións, nunha gala cunha duración aproximada de noventa minutos.

 

Este ano vánse a entregar os seguintes recoñecementos:

 

Mellor deportista do ano 2017

Mellor deportista promesa do 2017 (feminino e masculino)

Mellor equipo ou club

Recoñecemento a traxectoria deportiva

Recoñecemento como colaborador co deporte

Recoñecementos especiais do xurado

 

xuradogala08.jpg

                                                               Membros do xurado

powered by social2s

concentracion310117.jpgEste sábado día 3 de febreiro, celebrarase a Concentración solidaria a favor das enfermidades raras, diante da Casa do Concello de Negreira, solicitando que se de cumprimento á disposición final terceira, relativa á actualización da listaxe de enfermidades graves prevista no Real Decreto 1448/2011, coa incorporación de novas enfermidades a dita listaxe, cando se trate de enfermidades graves que requiran o coidado directo, continuo e permanente do menor polos proxenitores, durante o seu ingreso hospitalario, de longa duración, e tratamento continuado da enfermidade.

 

O Concello de Negreira solicitou a pertinente autorización ante a Subdelegación do Goberno, para celebrar devandita concentración, este sábado, entre as 13:00 e as 13:30 horas, agradecendo de antemán, a participación do maior número posible de persoas.

powered by social2s

prestacionfillos2018.jpgA Xunta de Galicia abre o prazo de solicitude da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. A orde do 29 de decembro de 2017 establece e regula as bases que ten por obxecto establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar.

 

Devandita convocatoria ten aberto o prazo de solicitude dende o día 1 de febreiro ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos incluídos, nos Servizos Sociais Comunitarios, na Casa do Concello.

 

Contía da axuda

 

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

 

A contía será a seguinte:

•       Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

•       Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

•       Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

 

Máis información no seguinte enlace:

Orde pola que se establecen as bases para a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos no 2018.

powered by social2s

dni290118.jpgO equipo móbil de expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe), da Policía Nacional, desprazarase ao noso concello nas seguintes datas ao longo do presente ano 2018 para efectuar a renovación e creación de novos documentos, en diferentes fases, sendo o lugar de recepción a Casa da Cultura:

 

Febreiro: Día 14, primeira fase. Día 16, terceira fase.

Maio: Día 14, primeira fase. Día 16, terceira fase.

Outubro: Día 10, primeira fase: Día 15, terceira fase.

Novembro: Día 26, primeira fase. Día 28, terceira.

 

Lembramos que a 1ª fase consiste na recepción ó cidadán e maila documentación; a segunda, na impresión física na oficina de Santiago, e a 3ª fase, a de personalización lóxica e entrega do documento e maila crave persoal ao interesado.

 

O horario de atención ó público é de 09:30 a 13:15 horas, non colléndose máis de 65 persoas, entre os concellos de Negreira e A Baña, sendo necesario que os interesados/as se anoten antes na zona de recepción da Casa do Concello. É absolutamente necesario que o cidadán se persone nas dúas fases.  

powered by social2s