camp_recicla_elec.jpgA campaña O que se enchufa, recíclase, da Xunta de Galicia, chega este martes e mércores ao noso concello. Trátase dunha campaña de información e sensibilización sobre a importancia de reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos.

 

A empresa Medeland é a encargada de levar a cabo o proxecto. O mesmo consiste en situar puntos de información con asesores, establecéndose un pequeno stand na vía pública. En Negreira, os lugares escollidos son: polas mañás, diante do edificio de Servizos Múltiples (antigo instituto), na rúa de Castelao. Polas tardes, diante da Casa dá Cultura, na Carreira San Mauro, 11. O horario é de 11 a 14 horas, e de 16 a 19 horas.

 

Esta campaña tamén defúndese en redes sociais, e a través da web: oqueseenchufareciclase.gal

powered by social2s

clausraesc18.jpgEste sábado 5 de maio, a partir das 15:30 horas, o Pavillón de Pedra Mámoa acolle a xornada de clausura da tempada 2017-2018 das Escolas Deportivas do Concello de Negreira, nas que participan máis de 300 alumn@s. Con tal motivo, haberá exhibicións das diferentes disciplinas, así como partidos de fútbol sala e baloncesto.

 

Horario:

 

15:30. Partido de fútbol sala - Prebenxamíns 2011

16:00. Exhibición Escola de Patinaxe grupo 2

16:10. Exhibición Escola de Ciclismo

16:30. Exhibición de kárate - Club O Coto

16:50. Entrega de agasallos: Escola de Atletismo, Multideporte e Predeporte.

16:55. Entrega de agasallos Escola de Xadrez

17:00. Exhibición de Patinaxe grupo 1

17:10. Exhibición Escola de Tenis

17:30. Exhibición de Patinaxe grupo 3

17.40. Partido Escola de Baloncesto

18:20. Exhibición deporte alternativo

18:40. Partido de fútbol sala - Biberóns 2012

19:10. Exhibición de kárate - Escola Akai Ryu

19:35. Exhibición Escola de Ximnasia Rítmica

powered by social2s

ocasoetersaude.jpgOs actores Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez, Celia González e Carlos Mosquera, protagonizan a comedia O caso é ter saúde, da compañía Malasombra Producións, que baixo a dirección de Marcos Orsi represéntase este venres 27 de abril, ás 21:00 horas na terceira entrega do Ciclo de Teatro 2018.

 

A comedia ten unha duración de 70 minutos e está recomendada para un público a partir de 16 anos, e a entrada é de balde. O caso é ter saúde é unha comedia de principio a fin, que fala da condición humana, da súa ambición polo diñeiro, e do que as persoas somos capaces de facer por conseguilo.

 

Sépnose

 

Un vinte e dous de decembro, o día da lotaría de Nadal, Miki vive dúas circunstancias das que cambian por completo unha vida: Lola, a súa parella, abandónao repentinamente e sen previo aviso logo de vinte anos de relación, e minutos máis tarde, o seu décimo resulta premiado con catrocentos mil euros no gordo da lotaría de Nadal. Miki non sabe como sentirse, pois está eufórico e deprimido a partes iguais. Esta situación sumada á visita do seu amigo Suso, a posterior chegada dunha prostituta rusa chamada Irina e a inesperada aparición dun ladrón italiano chamado Dimitri, farán que Miki viva a hora e media máis intensa e confusa da súa vida.

 

A historia transcorre nunha contorna de crise, nun ambiente de clase media decadente, que ten que buscarse a vida de calquera forma para saír adiante. O público, a través do distanciamento que produce a comedia, deixando ver claramente o ridículo das situacións, é o espectador privilexiado que observa ata que extremos pódese chegar con tal de saír adiante, aínda que sexa traizoando aos seres máis queridos, ou facendo cousas que nunca se pensou facer.

powered by social2s

aculpa.jpgOs dous cómicos actúan en Negreira co seu novo espectáculo ¨A culpa é do sistema¨, este luns 30 de abril, véspera do festivo, a partir das 21.00 horas dentro do Ciclo de Teatro 2018. Neste espectáculo o público é o principal protagonista. Os asistentes escollen entre varias opcións cada vez que se plantexa una nova situación sobre o escenario. A temática non pode ser outra que a actualidade. Calquera acontecemento relevante pode ser tratado e analizado con ironía, ollo crítico e, sobre todo, humor.

 

As entradas custan 10 euros e están á venda na Delegación de Cultura, o restaurante Casa Barqueiro e a través da web ataquilla.com.

 

 

É un espectáculo no que o público marcará desde as súas cadeiras, os temas a tratar polos cómicos sobre o escenario, provocando improvisadas críticas sobre os últimos acontecementos da actualidade.

 

Cando se xuntan dous cerebros hiperactivos como os de Federico Pérez e Pepo Suevos, pode pasar de todo. O obxectivo concreto destes dous elementos era concebir unha peza que fixese escachar ao público coa risa, pero tamén a eles mesmos. E para iso, non se lles ocorreu nada mellor que facer do público o principal protagonista do espectáculo, como creativo, ademais de como destinatario.

 

Os asistentes á función poderán escoller entre varias opcións cada vez que se plantexe unha nova situación sobre o escenario, e os atrevidos actores terán que adaptar os contidos da obra á demanda do respetable.

powered by social2s

fundaciongasnatural.jpgA Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración co Concello de Negreira, vai a impartir un taller co fin de asesorar ás familias de Negreira en materia de enerxía e para minimizar o coste enerxético na vida dos colectivos máis vulnerables da nosa sociedade, a través do Bono social eléctrico.

 

Será o xoves 3 de maio, ás 17:00 horas no Auditorio da Casa dá Cultura, na Carreira de San Mauro, 11.

 

A modo de charla, informaráse de cómo aprender a ler e optimizar a factura de luz e gas, e a establecer hábitos de consumo eficientese aproveitar as axudas como o Bono social. Recoméndase asistir e vir coa factura eléctrica, e con independencia que sexan ou non, clientes de Gas Natural Fenosa, pois os conceptos son comúns a calquera comercializadora de enerxía doméstica.

powered by social2s