Portada.JPGO Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acolleu este xoves 17 de maio, a Fase Final Intercomarcal de Fútbol Sala en categoría Prebenxamín, coa vitoria final do equipo da Escola Municipal de Futsal de Negreira por 4 goles a 2 ante o Outes C.F. Nas semifinais, os anfitrións venceron 9-4 ó equipo do Terras de Iria, mentras que na segunda semifinal foi o Outes quen vencía 5-3 á Escola de Fútbol Base de Corcubión.

 

O terceiro posto correspondeu ó equipo de Corcubión que tras empatar a seis goles co Terras de Iria, o desempate decidiuse na tanda de penaltis (1-2), logo de empatar a ceros na prórroga.

 

No Pavillón de Pedra Mámoa viviuse un gran ambiente entre familias dos catro concellos participantes, cuxo colofón foi a entrega final de trofeos e medallas aos catro equipos por parte do primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

 Negreira.JPG

 

Corcubión.JPG

 

Padrón.JPG

 

Outes.JPG

 

O noso concello será protagonista este sábado de dous novos eventos deportivos. Por un lado, o XXI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que reúne a unha ducia de equipos campións das súas respeitivas ligas locais, e polo outro, a Fase Intermedia de Fútbol 8 categoría Prebenxamín, cuxo campión clasifícase para a Fase Final Autonómica, a xogarse este sábado no Campo Jesús García Calvo.

 

O Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala comeza ás nove da mañá, tanto no Pavillón de Pedra Mámoa como no de San Vicenzo (A Baña). En Negreira farano os seguintes equipos: Teo; Santiago 2; Arzúa; Negreira; Trazo e Frades, en dous grupos. Na Baña: Tordoia; Ordes; Santiago 1; Vedra; Rianxo e Santa Comba.

 

Os partidos terán unha duración de 40 minutos cronometrados a tempo corrido, divididos en dous tempos de vinte minutos. Os horarios da mañá serán de 9 a 14 horas, e tanto as semifinais como o terceiro posto e a final, xogaranse no Pavillón de Pedra Mámoa, a partir das 16:00 horas, sendo a gran final ás 18:30 horas. De dúas a catro da tarde, haberá un parón para o xantar de confraternización na carpa instalada en Pedra Mámoa.

powered by social2s

portada160518.JPGDentro dos actos conmemorativos das Letras Galegas 2018, o Auditorio do Centro Sociocultural acolleu este martes o acto de entrega dos premios do Certame de Pintura infantil ¨Negreira en cor¨, ademáis da clausura e entrega de diplomas aos participantes na Escola Municipal de Pandeireta.

 

Na categoría de 6 a 12 anos:

 

1º premio - Celia Lista Vieito, coa obra A casa do lago

2º premio - Lucia Rouco Zarco, por A árbore da vida

3º premio - Laura Vieites Ferreiro, coa obra Dama bolboreta

 

Na categoría de 13 a 18 anos:

 

1º premio - Laura Rodríguez Capeáns, pola obra A colleita

2º premio - María Suárez Canoura, por Paisaxe

3º premio - Paola Enjo Lueiro, coa obra Orange

 

Os premios consistiron nun vale en metálico de 200, 100 e 50 euros, respeitivamente, e en cuxa entrega participaron o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas.

 

Contouse coa actuación do alumnado da Escola Municipal de Pandeireta, coas súas profesoras Sonia Nieto e Paula Liñares, e a entrega dos seus diplomas.

 

powered by social2s

camp_recicla_elec.jpgA campaña O que se enchufa, recíclase, da Xunta de Galicia, chega este martes e mércores ao noso concello. Trátase dunha campaña de información e sensibilización sobre a importancia de reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos.

 

A empresa Medeland é a encargada de levar a cabo o proxecto. O mesmo consiste en situar puntos de información con asesores, establecéndose un pequeno stand na vía pública. En Negreira, os lugares escollidos son: polas mañás, diante do edificio de Servizos Múltiples (antigo instituto), na rúa de Castelao. Polas tardes, diante da Casa dá Cultura, na Carreira San Mauro, 11. O horario é de 11 a 14 horas, e de 16 a 19 horas.

 

Esta campaña tamén defúndese en redes sociais, e a través da web: oqueseenchufareciclase.gal

powered by social2s

maiores_070518.jpgOs maiores de Negreira celebraron o pasado sábado o seu vixésimo terceiro encontro, organizado polo Concello de Negreira, no que Victorina Forján Mayo, de 101 anos de idade; e o seu irmán, Jesús Dourino Forján Mayo, a piques de entrar este ano no selecto clube dos centenarios, recibiron o recoñecemento dos máis de seiscentos participantes e ambos foron agasallados nunha sobremesa coas actuacións musicais das cantantes Ruth Cundíns, presentando temas do seu primeiro disco en solitario Miña terra galega, e de Patricia Iglesias.

 

maiores_070518_2.jpg

 

Nos actos, que incluiron unha misa oficiada polo sacerdorte Juan José Fernández Touceda, párroco de A Pena, Landeira, Liñaio, Gonte, Xallas, Lueiro, Arzón, Broño e Aro, así como a actuación da Banda Municipal de Negreira, á saída da mesma; participaron membros da Corporación Municipal co alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, á cabeza, xunto ó primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez; María del Mar García Vidal, concelleira de Emprego, Muller, Agricultura e Medio Ambiente; José Daniel Casal Leis, concelleiro de Xuventude e Deportes, ademáis de Juan Rey Maceira, María José Carballo Villar e Marcelino García Pedrares, en representación do grupo municipal do Partido Popular, e María del Carmen Vieites Pardo, en representación do partido de Ciudadanos.

 

O noso agradecemento á Agrupación Local de Protección Civil de Negreira pola súa colaboración neste evento.

powered by social2s

clausraesc18.jpgEste sábado 5 de maio, a partir das 15:30 horas, o Pavillón de Pedra Mámoa acolle a xornada de clausura da tempada 2017-2018 das Escolas Deportivas do Concello de Negreira, nas que participan máis de 300 alumn@s. Con tal motivo, haberá exhibicións das diferentes disciplinas, así como partidos de fútbol sala e baloncesto.

 

Horario:

 

15:30. Partido de fútbol sala - Prebenxamíns 2011

16:00. Exhibición Escola de Patinaxe grupo 2

16:10. Exhibición Escola de Ciclismo

16:30. Exhibición de kárate - Club O Coto

16:50. Entrega de agasallos: Escola de Atletismo, Multideporte e Predeporte.

16:55. Entrega de agasallos Escola de Xadrez

17:00. Exhibición de Patinaxe grupo 1

17:10. Exhibición Escola de Tenis

17:30. Exhibición de Patinaxe grupo 3

17.40. Partido Escola de Baloncesto

18:20. Exhibición deporte alternativo

18:40. Partido de fútbol sala - Biberóns 2012

19:10. Exhibición de kárate - Escola Akai Ryu

19:35. Exhibición Escola de Ximnasia Rítmica

powered by social2s