festa_apego_2018_2.jpgO programa Apego, dos concellos de Negreira e A Baña, celebra este xoves 21 de xuño á chegada do verán cunha festa na área recreativa do Refuxio de Covas, a partir das cinco da tarde.

 

O Apego é un programa que promove a transmisión do galego entre cativos de cero a seis anos de idade, promovido dende o Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira.

 

Entre as actividades programadas figuran unha biblioteca móbil e a ludoteca ambulante de Os Biosbardos. Tamén haberá unha serie de espectáculos como A máquina do tempo, con Teatro de Ghazafelhos, e ás 19:30 horas con De aquí para alá, con Lidia Botana.

powered by social2s

voltaciclista2018.jpgEste sábado 23 de xuño, a partir das 16:30 horas, celébrase nun circuito urbán e pechado ó tráfico, a sexta edición da Volta Ciclista ¨Concello de Negreira¨, de categorías escolas, cadete e xúnior, dentro do circuito de carreiras do Campionato Galego en estrada, baixo a organización do Club Ciclista Negreira e maila Federación Galega de Ciclismo, e coa colaboración do Concello e o apoio de distintas firmas comerciais de Negreira.

 

Corte de tráfico

 

Con motivo da celebración deste importante evento deportivo en Negreira, e para poidase desenvolver coa máxima seguridade dos participantes, o Concello solicita a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos durante a tarde do sábado.

As rúas que permanecerán cortadas de 16 ás 20 horas son as seguintes: Avenida das Brañas; rúa Deportivo da Coruña; rúa Carballiños; rúa Xosé M. López Ardeiro; rúa Castelao; rúa Teresa Fabeiro Caamaño; rúa do Tambre e rúa Camiño Vello (só un carril).

powered by social2s

camp_dep_dip.jpgDestinados a rapaces/as, de entre 9 e 14 anos de idade, desenvolveranse no centro Calvo Sotelo, na cidade da Coruña, en catro quendas; do 1 ao 6 de xullo, do 8 ao 13 de xullo, do 15 ao 20 de xullo e do 22 ao 27 de xullo. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de xuño.

 

Negreira participará na terceira quenda, do 15 ao 20 de xullo cando a mozos de Ames, A Baña, Boiro, Boqueixón, Brión, Dodro, Lousame, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, e Vedra.

 

O prezo do campamento é de 85 euros e inclúe transporte interno, estadía, manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas. En cada quenda participarán un máximo de 100 rapaces, supervisados por dez monitores.

 

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de actividades que inclúe dende a práctica de equitación, actividades náuticas, equitación, sendeirismo, ademais de practicar fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic ou baile ata visita a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.

 

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos e nenas desenvolverán actividades e xogos que fomenten a comunicación, a convivencia, o intercambio de experiencias e o respecto polos demais.

powered by social2s

piscina140618.jpgInfórmase que debido á avaría na bomba principal do circuito de auga da piscina municipal ao aire libre do parque do Coto, e xa que foi imposible reemplazar o equipo afectado, o Concello decidiu adiar a apertura das instalacións prevista para este venres 15 de xuño ata a vindeira semana, unha vez instalado o novo equipamento que permite encher o vaso e realizar as pertinentes análises sobre o estado das augas.

 

A día de hoxe non se pode concretar unha nova data de inicio da tempada, comprometéndose o Concello de Negreira a dala a coñecer en canto lle sexa posible.

 

O Concello de Negreira lamenta as molestias que este cambio poida ocasionar entre os usuarios e usuarias.  

powered by social2s

astarot_portada2.jpgPresentamos aos grupos que o venres 13 de xullo participarán no festival Nicrarock 2018 no Parque do Coto. Nesta edición contaremos con: Exit, Nao, Aphonnic e Astarot. Todos eles teñen unha ampla e dilatada traxectoria musical, participando nos mellores festivais galegos, ou enchedo salas e locais de concertos.

 

​O público poderá desfrutar dun evento totalmente de balde, escoitando aos mellores grupos do panorama rock galego, pois o venres 13 de xullo, a partir das 22:00 horas, a vila de Negreira convértese no epicentro da música metal na Área de Compostela e Costa da Morte.

 exit_in.jpg

EXIT (A Coruña). Un grupo que logo de varios anos de andaina polos escenarios galegos, nos directos sabe como poñernos as pilas para gozar a lume de biqueira da súa música: grandes clásicos do rock de todos os tempos, desde Hendrix a Bowie, de AC/DC a Led Zeppelin. É o grupo residente da Sala Coruñesa Mardigras.

​+ info: PREMA AQUÍ

 

 aphonnic_in.jpg

APHONNIC (Vigo). É un grupo de metalcore procedente de Vigo. Logo dos seus dous primeiros discos editados "Silencce" (2003) e "Foolproof" (2006), o seu último traballo "6 baixo par" non deixou de sorprender en cada un dos seus cortes, non só pola súa calidade, se non tamén pola súa nova e firme aposta musical, dando paso a unha maior explosión de contidos en castelán.

+info: PREMA AQUÍ

 

  astarot_in.jpg

ASTAROT (Cangas). Fúndase no ano 1983 por catro rapaces en Cangas do Morrazo, dispostos a tocar versións heavys nos locais que daquela eran o berce do rock na bisbarra do Morrazo. Na actualidade con máis de vinte discos no mercado, presumen de ser todo un referente do rock feito en Galicia.

+info: PREMA AQUÍ


 nao_in.jpg

NAO (A Estrada). É unha banda de rock creada para transmitir – sensacións e sentementos – mentres tocan. A banda está formada por: Pablo Carracedo "Jasper", a guitarra e voz; Gustavo Brea "Gus", á guitarra; Antón "Torroncho", ao baixo, e Amós, encargado da batería.

+info: PREMA AQUÍ

 

Máis información do festival na seguinte ligazón. NICRAROCK WEB 

 

powered by social2s