mapalineasportada.jpgSegundo informa Unión Fenosa Distribución S.A., en breve realizarán as labores de xestión da biomasa nas liñas de enerxía eléctrica que atravesan o noso concello, xestionándose a limpeza da biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento, segundo a normativa sectorial vixente.

 

Lémbrase, que en dita franxa no poderá haber árbores de especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

 

Adxuntamos o plano correspondente ao trazado das liñas de alta (en cor verde) e media (en cor vermella), que atravesan os terreos do concello de Negreira.

 

powered by social2s

emerxencias1.jpgA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Xunta de Galicia, entregou hoxe á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Negreira, un remolque de emerxencias, destinado á agrupación, que ve así, reforzado o seu equipamento para a atención en situación de emerxencias.

 

Este acto celebrado en A Coruña, contou coa participación do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mailo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. Por parte do Concello de Negreira, participaron na entrega, o primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, e Jonathan Carballo, coordinador de Protección Civil de Negreira.

 

Neste acto, tamén foron entregados dous vehículos todoterreo tipo pick-up aos concellos de Teo e Ames.

emerxencias2.jpg

powered by social2s

vilachan.JPGA última análise sobre o estado da auga que mana da fonte pública de Vilachán, sobre unha mostra tomada o pasado día 9 de xaneiro de 2019, segue a dar ¨auga non potable¨, nos parámetros relativos a bacterias coliformes totais, pois aínda sendo ¨mínima¨ a cantidade de bacterias, segundo establece a lexislación vixente, a auga non é potable, polo que desde o Concello aconsellamos o non consumo da mesma ata coñecer o resultado dunha nova análise, de cara a saber si ditas bacterias desapareceron e volve a ser apta para o consumo das persoas.

powered by social2s

planacredita160119.jpgA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de abrir o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.

 

Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral recoñecendo os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional. Unha vez acreditada toda a experiencia, as persoas obterán unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado.

 

Consulta a información compreta e as cualificacións profesionais que se convocan nos seguintes enlaces:

 

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181214/AnuncioG0534-071218-0001_gl.html


http://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-acreditacion-competencias-2019

 

E se precisas apoio para facer a túa solicitude, ponte en contacto co Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira,  na primeira planta da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), en horario de mañá, ou no número de teléfono:  881 035 162.

powered by social2s

contedores100119.jpgA nova empresa concesionaria do servixo de recollida do vidro no concello, dacordo ao convenio que o Concello mantén con Ecovidro, iniciou esta semana as tarefas de limpeza dos contedores verdes e unha mellora na súa distribución, e nos cales se depositan este tipo de residuos, segundo o acordado para a prestación do servizo.

 

puntolimpo100118.jpg

 

Ascán, é unha empresa especializada na recollida de residuos, e que desde o pasado mes de decembro, tamén asumiu a recollida dos envases de plásticos dos contedores amarelos no noso municipio, así como a xestión do Punto Limpo, sito no Parque Empresarial, que mantén o horario de atención ó público:

 

* Luns a xoves: 09:00 a 13:00 horas

* Venres: 09.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.30 horas

* Sábados : 09:00 a 14:00 horas

Os domingos e festivos, a instalación permanecerá pechada.

powered by social2s