portorweb_recortada.jpgA Asociación de veciños Os Gazafellos, da parroquia de Portor, presenta este sábado 20 de abril, a partir das sete da tarde, no local social da parroquia, unha exposición formada por 126 fotografías antigas recuperadas entre a veciñanza, que recórdanos cómo era a vida social, relixiosa e cultural de Portor, sobre todo a partir de finais dos anos cincoenta en adiante, e todas, en branco e negro.

 

Son imaxes cun gran contido sentimental. A máis antiga, data do ano 1905 e nela pode verse unha procesión no lugar de Pontemaceira. Outras son imaxes familiares ou de grupos de veciños durante alguna celebración da parroquia.

 

Para presentar a mostra, primeiro haberá o visionado dun vídeo elaborado para tal ocasión e que contén un bo número das imaxes que integran a exposición que permanecerá no local social para que quenes queiran visitala fágano.

 

Dende Os Gazafellos de Portor xa están traballando nunha segunda entrega. Trátase de fotografías, sobre todo a partir dos anos noventa que se chamará ¨Vintage¨, onde a mocidade da parroquia a través de instantáneas de partidos de fútbol, festas ou obras teatrais, entre outras, é a principal protagonista, segundo desvelou Sonia Ponte Esturao, que é a secretaria da entidade.

powered by social2s

portada.jpgEsta estudante de Negreira vén de acadar a medalla de bronce na competición Spainskills, que é a olimpiada nacional de FP tras facerse coa medalla de ouro na fase de Galicia, logo de rematar os seus estudos de Coidados Auxiliares de Enfermería en Santiago, no IES Lamas de Abade. De Madrid volveu cunha medalla de bronce na súa estrea en Spainskills, despois de sela a elixida como abanderada.

 

Iria Díaz Granja foi agasallada cunha recepción oficial no Salón de Plenos do Concello de Negreira, á que acodeu acompañada pola súa familia e amigos, sendo felicitada polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, xunto á concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, así como pola concelleira de Ciudadanos de Negreira, María del Carmen Vieites, amiga da familia.

 

pie_pagina.jpg

powered by social2s

akai1234.jpgNegreira contará con cinco xóvenes karatecas no Campionato de España Infantil que se celebra esta fin de semana en Albacete. Pertencen á Escola Akai Ryu, e forman parte da Selección Galega integrada por 25 deportistas.

 

Esta aportación demostra a puxanza do kárate no noso concello, sendo unha das canteiras máis frutíferas de Galicia, pese a que a Escola Akai Ryu, que dirixe Ainhoa Rodríguez, non ten unha traxectoria de moitos anos e é un club pequeno.

 

David Rico, repite convocatoria co combinado galego, participando na modalidade de kata infantil e, por primeira vez, en kumite infantil -35 quilos. En canto a Nicolás Carnota, que vén de conseguir dúas medallas en ligas nacionais, participará en kumite Infantil +45 quilos.

 

Os tres debutantes coa Selección Galega son: Estela Osorio, en kumite infantil -42 quilos; Lle Zhou, en kata infantil e Gabriel Furelos, en kata alevín.

 

Desexámoslles aos cinco o mellor nesta a súa participación no Campionato de España Infantil, este sábado e domingo, na cidade de Albacete, onde estarán acompañados polas súas familias e pola súa preparadora, integrante do corpo técnico da Selección Galega de Kárate.

 

 

powered by social2s

web_caseta.jpgA Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión definitiva de subvencións do programa dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia, de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2019.

 

A resolución que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia (BOP), aproba de forma definitiva, unha subvención de 11.920 euros para a contratación por un período de seis meses, dun informador/a turístico por parte do Concello de Negreira, en agrupación cos Concellos da Baña e Val do Dubra, e polo que o primeiro iniciará o proceso de contratación mediante unha convocatoria pública coas súas bases.

powered by social2s

talaso.jpgA Xunta de Galicia, a través da orde do 25 de marzo de 2019, oferta 362 prazas para a estancia e os tratamentos a través do progrma de benestar a través da talasoterapia 2019, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos designados.

 

Persoas beneficiarias

 

Persoas maiores de 60 anos ou de 55 anos sendo pensionista por xubilación, invalidez ou viuvez entre outras que estén empadroadas nalgún concello da Comunidade. Para poder solicitar este programa, a persoa interesada deberá poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria, agás no caso de fillas ou fillos que acudan en calidade de acompañantes.

 

E importante que non ter contraindicaciñon médica para a recepción dos tratamentos termais, non padecer enfermedades de carácter contaxioso, nin alteracións do comportamento que poidan afectar á convivencia.

 

Acompañantes

 

A persoa que a solicite poderá ir acompañade do seu cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia, que cumpra os requisitos anteriores.

 

Un fillo ou filla cun grao de discapacidad superior ao 33%, que sexa autónoma, comparta cuarto cos pais e cumpra os requisitos arriba referidos.

 

Duración

 

As quendas teñen unha duración de seis dias e cinco noites cada unha, realizaránse en réxime de pensión completa e comprenderán dende as 14:00h do dia de chegada ata as 12:00h do dia de saída, serán entre os meses de maio e novembro de 2019.

 

Servizos

 

O programa conta co aloxamento e manutención en pensión completa e en cuartos dobles, acceso diario ao circuíto mariño e a póliza de colectiva de seguro turístico.

 

O desprazamento de ida e volta entre o domicilio e o establecemento será por conta propia da persoa beneficiaría, aínda que o establecemento facilite esta comunicación.

 

Os beneficiarios que queiran aloxarse nun cuarto individual, terá que facerse cargo da diferenza do custo que supoña. As que precisen unha dieta especial, deberán informalo no momento de presentar a solicitude e deberán mostrar probas que o acrediten.

 

As actividades extras que organice o establecemento con custo adicional, serán os beneficiarios os que se farán cargo por conta propia.

 

Prezo

 

A achega da consellería de Política Social ao finanzamento será do 31.08% do custo da praza en cada talaso. O resto do importe ata completar o custo da praza será por conta da persoa beneficiaria, sen que proceda efectuar dedución ningunha se por calquera causa imputable á persoa beneficiaria do programa non goza da totalidade dos servizos. Os prezos rondan entre os 287,50€ e os 361,00€. Na páxina da Xunta se poden consultar a tabla completa de destinos e prezos.

 

Documentación

a.  Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

b.  Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.

c.  Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non fose expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.

d.  Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

e.  Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual...).

 

Prazo de presentación

Un mes desde o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 2 de maio de 2019.

 

Lugar de presentación

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Máis información

Dirección xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Subdirección xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia
Tlfno: 981 546737/ FAX: 981 545691;
correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-maiores

Teléfono Social: 900 333 666

powered by social2s