carteldefinitivo_web.jpgEsta edición da Ruta das Tapas de este ano, a oitava, será entre o 3 e o 5 de maio.

 

Cantos de taberna

 

Esta edición trae como novidade os cantos de taberna, aqui as actuación programadas:

 

10.png

 

Tapasporte cos horarios da ruta e tapas ofrecidas polos locais

 

O Tapasporte pódese recoller  na Casa da Cultura, no Concello ou en calquera dos establecementos adheridos ao concurso ou mesmo acceder a el e imprimilo nesta mesma páxina, ao final da mesma.

 

Os hosteleiros esperan a visita dos participantes no seguintes horarios:

Viernes:  19:00 as 22:30

Sábado: 12:00 14:30 e 19:00 as 22:30

Domingo: 12:00 14:30 

 

Portada.jpg

 

interior.jpg

Bases do concurso e o Tapasporte:

 

powered by social2s

local_elecciones_web.jpgDoce mesas distribuidas en nove locais electorais albergarán este domingo 28 de abril, as urnas para as votacións ás Eleccións Xerais 2019 para elixir aos representantes no Congreso dos Deputados e mailo Senado, entre as 9:00 e as 20:00 horas.

 

Cambio en Negreira

 

Lémbrase á cidadanía do centro urbano, así como ás zonas de Campos, Vilachán, O Corpachón, Ponte Negreira, Patrocinio, Negreira (igrexa), e Negreiroa, o cambio de local electoral do Colexio O Coto para o Centro Sociocultural, dotado de maior espazo e máis accesible para que a veciñanza poida exercer o seu dereito ao voto, ademáis dun maior estacionamento para turismos.

 

As outras dúas novidades veñen determinadas pola supresión dos locais electorais das parroquias de Broño, que deberán votar no Local social de Aro; e de Bugallido, que farano na Escola de Pesadoira, na parroquia de Alvite.

 

Locais electorais

Centro Sociocultural (4 mesas)

Teleclub da Chancela (Logrosa)

Local social de Portor (Portor)

Local social de Aro (Aro e Broño)

Local social de Gonte (Gonte, Zas e Cobas)

Teleclub de Landeira (Landeira e A Pena)

Local social de Romarís (Arzón, Lueiro e Xallas)

Teleclub de Liñaio (Liñaio)

Escola de Pesadoira (Alvite, Campolongo e Bugallido)

powered by social2s

encontro_maiores_portada220419(4).jpgO Concello de Negreira informa que dende hoxe e ata o vindeiro martes 30 de abril, pódense retirar nos Servizos Sociais os convites para asistir ao 24 Encontro dos maiores que terá lugar o sábado 4 de maio, no Campo da feira, e para o cal, a veciñanza participante contará cun servizo de autobús que percorrerá as diferentes parroquias, a partir das 12:30 horas polas paradas de costume, e con regreso a partir das 19:30 horas.

 

O programa de actos comezará ás 13:30 horas coa misa na capela do Cotón, seguida da actuación da Banda de Música Municipal de Negreira. Ás 14:30 horas comezará o xantar popular baixo carpa. Haberá baile amenizado polo dúo Matices.

powered by social2s

informador_portada_web.jpgO Concello de Negreira vén de publicar as bases para a contratación dunha praza de persoal laboral temporal de técnico/a de información, publicidade e promoción turística, por un período de 6 meses. As persoas interesadas teñen de prazo dende hoxe e até o martes 30 de abril para presentar as súas solicitudes.

 

Entre as funcións propias do posto: Información puntual e actualizada do estado do Camiño de Fisterra; da ocupación nos aloxamentos, hoteis e albergues da ruta e en concreto dos tres concellos participantes (Negreira, A Baña e Val do Dubra); e información do xeodestino, ou a elaboración de guías e planos axustados ás necesidades de peregrinos e visitantes.

 

Consulta as bases aquí

powered by social2s

portada_web_dialibro(2).jpgO Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña – Negreira, aproveitou os traballos realizados polas familias que forman parte do grupo ¨Avelaiños¨ e ¨Rebuldeiros¨, para montar un pequeno museo dos contos na primeira pranta da Casa da Cultura, co gallo do Día do Libro.

 

Trátase dun modesto museo que inclúe imaxes dos contos, unha mesa con agasallos, un panel de citas literarias e unha mesa con obxectos dos contos.

 

Ademáis, quenes queiran poden colgar a súa cita preferida no panel das citas, ou mesmo intercambiando algún libro no curruncho de intercambio de libros habilitado para tal fin.

pie_web_dialibro.jpg

 

powered by social2s