O Centro de Información á Muller (C.I.M.), do Concello de Negreira, ten aberto o prazo de inscrición ata o día 21 de xuño para as familias interesadas en que os seus fill@s, na franxa de idade comprendida entre os 3 e os 12 anos, poidan solicitar praza no Campamento urbano ¨Respira¨, a celebrarse durantes os meses de xullo e agosto nas instalacións do C.E.I.P. O Coto.

 

Trátase dunha actividade para a conciliación da vida laboral e familiar, daquelas familias con fillos e fillas e, que traballen durante os meses de xullo e agosto.

 

Horario: de 08:45 a 14.15 horas.

 

Prazas: 30 en xullo e 15 en agosto.

 

Inscricións: Centro de Información á Muller, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3). Tlf. 981 886 320.

powered by social2s

O noso concello foi seleccionado pola Secretaría Xeral dá Igualdade, de cara a impartir un curso de defensa persoal e autocapacidade dirixido a mulleres, de oito horas de duración e impartido por membros das forzas e corpos de seguridade do Estado.

 

Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións, impartindo técnicas de prevención e autoprotección, cuxas datas de celebración son os venres 7 e 21 de xuño, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

 

As prazas son limitadas, e para máis información hai que dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), na pranta baixa da Casa do Concello, ou no número de teléfono: 981 886 320.

 

Esta actividade inclúese no acordo de colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias para conformar unha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

powered by social2s

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica puso o broche a unha gran tempada con dous podios na fase final do II Torneo Interescolas no que participaron distintas escolas das provincias de A Coruña e Ourense. O conxunto Infantil logrou por segundo ano consecutivo facerse co título de campioas, e as integrantes do conxunto Cadete proclamáronse subcampioas.

 

A terceira fase e última, desenvolveuse o pasado sábado 1 de xuño na localidade de O Carballiño (Ourense), na que as cadetes acadaban o bronce. Na fase final chegaban os mencionados dous podios cun primeiro posto en Infantís e un segundo en Cadetes, para os conxuntos preparados por María Fernández.

 

A nosa noraboa a todas elas, tamén para o conxunto Alevín, polo seu excelente traballo durante todo o curso.

powered by social2s

Agardámosvos este sábado 8 de xuño con motivo da estrea do documental sobre a industria e maila actividade económica do noso concello, a cargo da produtora de contidos audiovisuais Xurdir, en colaboración co Concello de Negreira, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e diversas firmas comerciais.

 

¨Negreira, un camiño de todos¨, é o título do documental que se vai proxectar este sábado, a partir das 20:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural, contando coa participación do alcalde en funcións, Jorge Tuñas Caamaño; e un relatorio a cargo do vicepresidente de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), José Montes Pérez. O acto será presentado por Ignacio Seijo, director da produtora Xurdir.

powered by social2s

Un Bando da Alcaldía, asinado polo alcalde en funcións, Jorge Tuñas Caamaño, fai saber á veciñanza que todos aqueles establecementos de hostelería que contan con terrazas instaladas en espazos públicos deberán ter en conta o seguinte:

 

- As terrazas situadas nas beirarrúas deben deixar o espazo suficiente para o tránsito, sen ningún tipo de obstáculo, dos peóns, cadeiras de rodas e/ou carritos.

- Os establecementos de hostelería que contan con terraza na rúa, ocupando unha praza de estacionamento, non poderán colocar outras cadeiras e mesas na beirarrúa.

 

Agradécese o cumprimento destas indicacións para facilitar a convivencia de tódolos veciños/as do noso concello.

powered by social2s