andaina011018.jpgO sábado 29 de setembro celebrouse a undécima edición da Andaina Popular ¨Negreira no Camiño de Fisterra¨, coa participación de 150 persoas, a través de 25 quilómetros pola Ruta dos Tres Pazos, e unha última parte pola ruta xacobea ata Zas e regreso ao punto de partida no Campo da Feira.

 

O trofeo ao participante de maior idade foi para Manuel Cid Maneiro (1940), de Negreira; o da camiñante máis nova foi para Laura Vieites Ferreiro (2002), de Negreira, e o da familia con máis participantes recaeu na familia González García, de Sanxenxo (Pontevedra).

 

Sorteo de agasallos

 

Celebrado este luns 1 de outubro, en directo en Radio Negreira, este foi o resultado final:

 

1) Forro polar Gar Sport: José Manuel Grela Pose

2) Camiseta técnica Gar Sport: Juan Carballo Cobas

3) Camiseta técnica Gar Sport: Laudelina Blanco Blanco

4) Vale de 20 € Breogán Deportes: Manuel Cid Maneiro

5) Forro polar Gar Sport: José Raña Beiras

6) Vale de 20 € Breogán Deportes: Francisco Villadonga Ouro

7) Mochila: Isabel Iglesias del Río

powered by social2s

Os candidatos/as a alumnado traballador do Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, deberán presentarse o mércores día 10 de outubro, ás 09:00 horas, no Pavillón Municipal de Pedrá Mámoa (Negreira), para a realización dun exame escrito.

 

Todos os candidatos/as deberán presentar a documentación que se lle require na carta de citación. Igualmente, procederase á exclusión do proceso de selección nos seguintes casos:

 

- Non presentación á realización do cuestionario escrito.

- Estar a participar noutra política activa de emprego.

 

Asemesmo, veñen de publicarse as actas coa listaxe de persoas excluídas por estar participando niutra política activa de emprego, ou ben, por ter participado noutro proxecto formativo de similares características (obradoiro de emprego, escola-obradoiro).

 

powered by social2s

contacontos280918.jpgO programa Apego, de apoio á infancia en galego, promove este martes 2 de outubro, un contacontos coa obra ¨O ratiño presumido¨, de Trinketrinke Teatro, ás 17:30 horas, na entrada ao Centro Sociocultural, dirixido aos nenos/as de idades comprendidas dos 3 aos 8 anos, cunha temática en favor da igualdade de xénero.

 

Esta actividade enmárcase na programación do Apego, promovido dende o Servizo de Normalizaicón Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira, e que inclúe contacontos e obras teatrias para o público infantil, os primeiros martes de cada mes ata finais do presente ano.

powered by social2s

monologos280918_2.jpgO mes de outubro volve a ser o dos monólogos na programación cultural do Concello de Negreira, con tres citas os venres 5, 19 e 26 de outubro ás 21.30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

A primeira cita do Ciclo de Monólogos 2018 chega o venres 5 de outubro con Oswaldo Digón, cun prezo de 10 euros á entrada. Seguiralle o venres 19 a presenza de Juan Muñoz, ex Cruz y Raya, cun prezo de 12 euros.

 

O colofón ó Ciclo de Monólogos 2018 en Negreira vano protagonizar os coñecidos actores, Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, o último venres de mes. As entradas para un único pase custarán 15 euros.

 

As entradas sairán á venda o luns anterior a cada monólogo, na Delegación de Cultura, de forma presencial. Para máis información, no número de teléfono: 981 885 886.

powered by social2s

O Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, que está promovido polo Concello de Negreira, e conveniado cos concellos de Santa Comba, Val do Dubra e A Baña.

 

As especialidades a impartir son as seguintes:

 

* Promoción turística local e información ao visitante (8 alumnos/as)

* Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción (12 alumnos/as)

 

A distribución do alumnado-traballador por concellos é a seguinte:

 

* Negreira: 5 alumnos/as

* Santa Comba: 5 alumnos/as

* Val do Dubra: 5 alumnos/as

* A Baña: 5 alumnos/as

 

No caso do Concello de Negreira, as actuacións a realizar son as seguintes:

 

* Mantemento do Local Social de Campolongo

* Mantemento da fachada da Casa da Cultura

* Mantemento do Local Social de Covas

* Realización de beirarrúas da zona de Campos a Pedra Mámoa

* Promoción turística local

 

O Obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.

 

Persoal a contratar:

* Un director

* Un mestre/a da especialidade de Promoción turística

* Un mestre/a da especialidade de Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción

* Un mestre/a de formación comprementaria (50% da xornada)

* Un mestre de formación empresarial (50% da xornada)

* Un auxiliar administrativo

 

Bases Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra IV

powered by social2s