bonadal211218.jpgO alcalde-presidente do Concello de Negreira, Jorge Jesús Tuñas Caamaño, en nome da Corporación Municipal, deséxalle a toda a veciñanza, así como a institucións, amigos e visitantes, un Feliz Nadal e un próspero ano 2019 nestas datas tan entrañables e cheas de felicidade, sobre todo para os máis cativos.

 

Neste Nadal, o Concello de Negreira felicita as festas cunha postal navideña co debuxo que foi elaborado polos nenos e nenas da Aula de 6º curso ´C´, de Infantil, do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Coto, gañador este ano do Concurso de Cartaces que anuncia a programación navideña e felicita as festas de Nadal no noso concello.

powered by social2s

redtour211218.jpgEste sábado 22 de decembro celébrase o decano dos festivais de Nadal, que alcanza a súa vixésimo oitava edición, convertido nun gran escaparate musical, de baile galego, ou de exhibicións de disciplinas deportivas coma o kárate e a ximnasia rítmica. É o Gran Festival de Nadal, que o Concello de Negreira promove en colaboración coa Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, con entrada de balde, e dende as 18:00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Na súa 28 edición, o festival contará coas seguintes actuacións e exhibicións:

 

Grupo de Danza Tradicional Veiga do Cotón

Escola Municipal de Baile Galego

Escola de Kárate Akai Ryu

Escola Municipal de Pandeireta

Agrupación de acordeóns Xosé Manuel Suárez

Coro da Asociación de Xubilados de Negreira

Escola Municipal de Ximnasia Rítmica

 

E dúas actuacións especiais como son as do espectáculo aéreo ¨Sue Moreno¨, e a presentación en exclusiva para Negreira e comarca, da nova dianteira de cantantes da afamada orquestra Olympus, comandada por Jorge Ferre, xunto con Néstor Peña (ex-El Combo Dominicano), Nakary Palumbi (ex-Aché), Tania Domínguez (ex-La Fórmula), e Fer Sánchez (ex-Aché).

 

Como fin de festa haberá unha chocolatada para todos os asistentes.

 

Festival de Nadal.jpg

powered by social2s

ardeiro191218.jpgO Concello de Negreira convocou para o xoves día 20 de Nadal, ás 19:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural, o acto do fallo do VII Certame de poesía "Xosé M. López Ardeiro", cuxo poemario gañador será editado e publicado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral do Libro, facéndolle entrega de 200 exemplares ao autor ou autora. Ademáis, e por segundo ano consecutivo, o gañador opta a un premio económico por parte do Concello de Negreira de 700 euros para o primeiro premio, e de 300 euros para o finalista.

 

Os traballos, escritos en lingua galega, deben ser orixinais e inéditos; cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700. Na presente edición, alcanzouse un número de 24 traballos presentados, entre os cales, o xurado elixiu a dous finalistas.

 

O xurado do VII Certame de poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, está formado por José Antonio Ponte Far, escritor; Xulio López Varcárcel, poeta; María Rey e María Sandez, profesoras do instituto Xulián Magariños, e Diana Varela.

 

O acto contará coa asistencia do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; e de Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia. Para pechalo acto contarase coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol.

powered by social2s

certameardeiro201218.JPGRaúl Gómez Pato, co poemario Residuos de chamas flamexando, presentado baixo o pseudónimo de Barca de tinta, e natural do concello de Brión, é o gañador do VII Certame de Poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, cuxo fallo do xurado e entrega, tivo lugar esta tarde nun acto literario-musical celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural, coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, encargado de entregarlle o galardón cunha dotación económica de setecentos euros. Ángeles Madriñán González, con Animais e outros deuses, natural de A Estrada, foi a outra finalista, quen recibiu un premio de trescentos euros.

 

Cando o alcalde do Concello de Negreira, participou no acto, o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, cuxo departamento colabora coa organización do certame de poesía na súa promoción e coa edición do poemario, e maila entrega de douscentos exemplares ao gañador. Dase a circunstancia, de que Raúl Gómez Pato foi finalista na edición de 2017 que gañou a teense, Claudia Castro.

 

O xurado, conformado por José Antonio Ponte Far, escritor e catedrático en Lingua e Literatura, xunto ao poeta Xulio López Valcárcel, e as profesoras María Rey e María López Sández, docentes do instituto Xulián Magariños, así como a avogada e poeta, Diana Varela Puñal, valorou a «unidade e alento poético, que non decae ao longo das páxinas, e a densidade conceptual».

 

Este acto cultural e social, rematou coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol, chegada ata Negreira por mediación de José Antonio Ponte Far, membro deste coro ferrolán.

powered by social2s

O Concello de Negreira informa que os luns, días 24 e 31 de decembro, de 2018, cadrando coa celebración da Noiteboa e mailo Fin de ano, nas dependencias municipais da Casa do Concello só permanecerá aberto ao público, o Rexistro Xeral, en horario de 10 a 13 horas. As oficinas administrativas, e mailos servizos Sociais, de Emprego e de Urbanismo, permanecerán pechados ao público en xeral.

 

Igualmente, tamén permanecerán pechadas ao público as instalacións da Casa da Cultura e mailo Centro Sociocultural, nas xornadas do 24 e o 31 de decembro.

powered by social2s