O Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acollerá este sábado unha xornada de promoción do baloncesto, grazas á participación do Club Baloncesto Porto do Son, en cuxos equipos da base participan rapaces e rapazas do concello de Negreira.

A xornada comezará con dous amigables entre a Escola Municipal de Negreira e mailo Porto do Son:

 

Ás 16:15 horas na categoría Babys.

Ás 16:45 horas na categoría Premini.

Logo haberá dous encontros de Liga:

Ás 18:00 horas: Porto do Son – Deza Lalín, de categoría Cadete feminina.

Ás 20:00 horas: Porto do Son – C. B. Cluny Santiago, categoría Infantil masculino.

 

Para competar esta fin de semana de promoción do basket en Negreira, o domingo ás 19:00 horas xogarase o encontro de Liga da Terceira División entre os equipos sénior do Porto do Son e mailo Club Baloncesto Ribadulla, con entrada de balde para o público asistente.

 

 

powered by social2s

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, dependente do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), despraza este xoves día 2 de marzo ao concello de Negreira, unha das súas unidades móbiles para a recollida de doazóns de sangue en horario de 16:00 a 21:00 horas. Como é habitual, esta unidade permanecerá estacionada nas inmediacións do Centro de Saúde, na rúa de Castelao.

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, e mailo Concello de Negreira, fan un chamamento á veciñanza de Negreira e comarca para que acoda a doar sangue este xoves.

 

Os habitantes de Negreira case duplican a tasa de doazón de sangue de Galicia, con 71 doazóns por cada mil habitantes e ano, segundo salientabába hoxe en Radio Negreira, Ángeles Pazos, responsábel de Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), quen lembrou que nos hospitais galegos se precisan 500 doazóns de sangue cada día.

 

Lembremos que para doar sangue é necesario que as persoas teñan máis de 18 anos cumpridos e máis de cincoenta quilos de peso, entre outros requisitos.

powered by social2s

Liñaio fashion week e Remolóns ó compás foron as comparsas protagonistas do Gran desfile de Entroido deste 2017, repartíndose os dous primeiros premios. Os Remolóns, de Vilagarcía de Arousa, coa súa montaxe de Mary Poppins, leváronse 1.600 euros en premios: o primeiro en carrozas, e mailo segundo en comparsas. E Liñaio fashion week tamén fixeron dobrete: primeiros en comparsas e terceiros en carrozas, modalidade esta última na que a temática de Papá Noel da Mocidade de Lañas acadou o segundo posto.

 

 

 A comparsa Alicia no pais das maravillas, da academia English Wonderland, de Negreira, coa participación máis numerosa, levouse un cuarto premio en comparsas.

 

 

En grupos, primeiro posto para Horas, minutos e segundos, dende Compostela, seguidos de Carnaval do Brasil, de Negreira, e que tamén leváronse un cuarto premio de carrozas. O terceiro premio foi para Unión Penosa.

 

En disfraces individuais e por parellas, o primeiro premio recaeu en Futur Moda 3.000. Fantasía Galáctica, de Ordoeste; seguido polo Feiticeiro de Barcala, de Negreira, e por Granjera busca esposa, de Bastavales.

 

 

O Gran desfile do Entroido 2017 caracterizouse pola gran variedade de temáticas e unha concorrencia de público das máis altas dos 33 anos de historia do desfile, grazas ao bo tempo reinante na xornada do pasado sábado, xunto co feito de que a Televisión de Galicia emitíse en directo o seu programa Aquí Galicia durante tres horas dende a Praza do Concello, con conexións a pé de rúa do desfile e actuacións musicais como a da orquestra canaria El Combo Dominicano, cun seguimento masivo de público durante a emisión en directo desde Negreira.

 

Disfraces individuais e parellas

1º - Futur Moda 3000. Fantasía galáctica. Ordoeste (A Baña).

2º - O feiticeiro de Barcala (Negreira).

3º - Granjera busca esposa. Bastavales (Brión).

 

Grupos medianos

1º - Horas, minutos e segundos (Santiago).

2º - Carnaval do Brasil (Negreira).

3º - Unión Penosa. (Negreira).

 

Modalidade de carrozas

1º - La casa del loco almirante Boom. Os Remolóns

2º – O mundo de Papá Noel. Lañas (A Baña).

3º - Liñaio fashion week (Negreira).

4º - Bar Brasil (Negreira).

Accésit – Tabernas sen fronteiras

 

Modalidade de comparsas

1º - Liñaio fashion week

2º - Remolóns ó compás

3º - Xirandaina tours (O Pino).

4º - Alicia no país das maravillas (Negreira).

Accésit 1 – Ponte a bailar. Os coyotes (Camariñas).

Accésit 2 – A culpa é da Lomce (Cambre).

 

O premio Juan Varela Areoso á mellor copla foi para as letras dos Carnavaleiros de Barcala.

 

Prema aquí para ver o programa especial da Televisión de Galicia sobre o Gran desfile de Entroido e mailo Concello de Negreira.

 

Fotografías: Abraham Fotógrafos (Negreira).

 

powered by social2s

Resultado do concurso e baile infantil de disfraces das festas de Entroido 2017 no Concello de Negreira, celebrado este luns pola tarde no Auditorio do Centro Sociocultural cunha gran afluencia de nenos e nenas participantes, acompañados das súas familias nunha tarde de festa e moita diversión.

 

 

Modalidade de 1 a 6 anos

1º Premio – Marco Antonio e Cleopatra, de Gael e Zaira Barreiro Lodeiro (cheque agasallo de 100 euros).

2º Premio – Plumita e plumón, os indios do Corpachón, de Leandro e Celia Vidal Eiras (lote de xogos didácticos).

3º Premio – Monstro de cores, de Teo Pedrouso Riveiro (lote de libros).

 

 

 

Modalidade de 7 a 16 anos

1º Premio – Manter vivos os recordos, de Catuxa Sampedro Pereira (cheque agasallo de 200 euros).

2º Premio – Futur Moda. Fantasía galáctica, de Noelia e Nicolás Carnota Fernández (unha Tablet).

 3º Premio – Sombrerero loco, de Lara López Suárez (cámara de fotos dixital).

 

powered by social2s

Coincidindo co día grande do Entroido barcalés, o programa de televisión “Aquí Galicia” achégase este sábado ata Negreira, lugar de nacemento de persoeiros como  o abogado e escritor, Xulián Magariños Negreira, un dos membros fundadores do Seminario de Estudos Galegos, ou tamén lugar do famoso trovador medieval Afonso Eanes do Cotón.

 

O programa da Televisión de Galicia que comeza a partir das 16:30 horas dende a Praza do Concello vivirá o Gran desfile de carrozas e comparsas con conexións en directo a pé de rúa e coñeceremos de primeira man como se prepara unha comparsa de Negreira que participa no desfile.

 

O programa visita algúns dos puntos turísticos, espazos naturais e patrimoniais característicos do concello de Negreira:

 

Ruta dos 3 Pazos - percorrerase o roteiro de sendeirismo para coñecer o Pazo do Cotón, o de Baladrón e mailo da Albariña.

 

Camiño de Fisterra – compartiremos cos peregrinos un treito da ruta xacobea que nos leva dende Santiago ata Fisterra.

 

Espazos naturais – Mirador do Monte do Cotro, na parroquia de Santa Cruz de Campolongo; santuario de San Xoán do Carballoso, na parroqia de Xallas; Pontemaceira e o río Tambre.

 

Patrimonio – coñeceremos os encantos patrimoniais de Negreira, entre eles: o monumento ó peregrino; ao emigrante; as casas caribeñas da vila; a que foi Escola dos americanos de Cobas, ou a igrexa de San Pedro de Gonte.

 

No apartado gastronómico, unha representación da Asociación de Veciños de Liñaio mostrará cómo é a Festa da Zorza, e teremos unha mostra de cómo prepara a SD Negreira a I Festa dos Callos, este domingo na propia Praza do Concello.

 

Ademáis, visitarase unha explotación leiteira e maila planta industrial de transformación e envasado da empresa Feiraco para coñecer o proceso compreto de elaboración do leite.

 

Poñen a música as orquestras Suavecito e El Combo Dominicano, e tamén haberá un desfile de moda.

powered by social2s