O musical "Os Rockenstein", presentaráse en Negreira o venres 9 de decembro as 20:30 h. no Centro Sociocultural. Unha obra teatral con música e diversión para toda a familia a cargo da compañía Malasombra.

Os nenos e pais interesados poderán pasar unha boa tarde cun espectáculo que ten un prezo de 2 euros por persoa. As entradas poderán retirarse a partir do luns 28 de noviembre nas oficinas de Cultura e Deportes do Concello de Negreira.

 

SINOPSE:

O doutor Rockenstain é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un melómano consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no séu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock: Un disco dos Kiss, un póster dos Rolling Stones, un calcetín do guitarrista de ACDC, un rizo de Tina Turner, unha chapa de Rosendo…

O experimento resulta ser un éxito aínda maior do que agardaba, pois da súa máquina de experimentos musicais non só sae unha criatura futura estrela do rock: saen tres! Unha criatura masculina e dúas femininas, cuxo nacemento o doutor Rockenstain acolle con entusiasmo e rapidamente empeza a súa ardua tarefa: educar ás futuras estrelas do rock, para que se formen antes como persoas que como rockeiros.

Esa educación será a través das nove cancións que compoñen este musical, e na que continuamente se pedirá a participación dos espectadores e espectadoras, teñan a idade que teñan, para que o transcorrer do espectáculo se aproxime á sensación de estar asistindo a un concerto de rock.

Por medio desas cancións, ese trío de futuras estrelas do rock aprenderá a importancia de vestirse e asearse, de alimentarse ben, a importancia de aprender cada materia que lles ensinan no colexio , a importancia de saber escoller un oficio, de coñecer o mundo e as xentes tan diferentes que o habitan, e tamén do importante que é aprender a saber coidar de un mesmo.

E unha vez rematada a súa formación, e xa preparadas e preparado para ser estrelas do rock, chega o momento de fundar, xunto co doutor, un grupo de rock que non deixará que o mundo quede sen escoitar bo rock´n roll: Os Rockenstein.

 

Xénero: Musical Infantil/Familiar.

Duración: 60 min.

Elenco: Jouse García, Celia González, Sandra Iglesias e Xoque Carbajal.

Dirección: Marcos Orsi.

Autor texto: José Prieto

Autor Música orixinal: Carlos Mosquera

Escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Maquillaxe: Trini F. Silva.

Iluminación: Xoque Carbajal

 

Máis información: http://malasombra.gal/gl/espectaculos/os_rockenstein/index.html

powered by social2s

O vindeiro luns 28 de novembro as 16 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira, técnicos da Xunta de Galicia e do Inega, presentarán a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende achegar á cidadanía consellos para aforrar no consumo de electricidade. 

 

Os obxectivos principais que persigue este proxecto son:

 

•Facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade.

•Dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos.

 

Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite:

 

•Coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade: Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.

•Diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico.

•Calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda.

•Calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo.

•Extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental. 

•Obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.

•Coñecer os dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.

 

Para acceder á aplicación:

http://www.inega.es/informacion/simuladores/

 

Teléfono de información da campaña: 900 90 77 23

 

Attachments:
Download this file (Guía rápida.pdf)Guía rápida.pdf
powered by social2s

O pasado venres entregáronse os primeiros traballos realizados polo alumnado do Obradoiro de Emprego Barcala-Dubra II, nestes dous primeiros meses de actividade, dende que iniciou a súa andaina o día 30 de setembro.

 

Promovido polo Concello de Val do Dubra, e coa participación de Negreira e A Baña, combina unha parte de formación nas aulas e, outra de traballos de revestimentos e acabados en construcción, levando a cabo neste período traballos en Negreira. Concretamente, a limpieza da fachada e pintado do edificio de Servizos Múltiples (antigo instituto), formigonado e limpeza dunha parte do parque do Coto e, formigonado da parte traseira do Pavillón dos Deportes de Pedra Mámoa.

 

 

A devandito acto de remate desta parte do proxecto por parte do alumnado e persoal contratado no Obradoiro, asistiron representantes dos tres concellos participantes, contando coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e os seus homólogos de Val do Dubra, Antonio Negreira; e A Baña, Andrés García Cardeso.

 

powered by social2s

O Outono Cultural Negreira 2016 presenta o sábado día 3 de decembro, o I Concerto de solistas da Banda Ateneo de Negreira. Baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, terá coma marco de celebracióin o Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 19:00 horas e con entrada de balde ata compretar o aforo. 

 

Neste concerto interpretarán música de autores como: Rimsky; Korsakov; Ferrer Ferrán; Weber; Raúl Martín ou Lionel Beltrán, coa participación dos seguintes solistas da Banda Ateneo de Negreira: Miguel Blanco (clarinete); Noel López (trombón); Daniel Manteiga (trompeta); Cristina Cotilla (xilófono); Eva Iglesias (saxofón alto), xunto cun convidado especial como é Samuel Pérez Llobell, trompa solista da Banda Municipal de Santiago, quen interpretará dúas pezas para trompa alpina e banda.

 

Agardámosvos o primeiro sábado do mes de decembro nun concerto único da Banda Ateneo de Negreira. 

powered by social2s

O Centro de Información á Muller (C.I.M.), do Concello de Negreira, promove unha semana (do 21 ó 26 de novembro) chea de actividades para conmemorar o 25 de novembro, o Día Internacional contra a violencia de xénero. Estas actividades foron presentadas este xoves nos estudos de Radio Negreira pola concelleira delegada da Muller, Mar García Vidal, e polas responsábeis do centro, Rosa Fuentes, directora e avogada, e Natalia Suárez, psicóloga.

 

Programa de actividades

 

Luns 21. Obradoiros para adolescentes sobre o uso saudable das novas tecnoloxías no IES Xulián Magariños.

 

Martes 22. Charla sobre o uso seguro das novas tecnoloxías. Aberta a todo o público pero especialmente para os país e as nais. No Auditorio da Casa da Cultura, ás 19:00 horas.

 

Xoves 24. Contacontos para alumnado de Primaria, ás 10:30 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, a cargo de Caxoto con “Contamos coa igualdade”.

 

Venres 25. Acto a cargo da Asociación de Empresarios de Negreira (ENE), ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Sábado 26. Quinta Andaina contra a violencia de xénero. Xuntanza ás 09:30 horas no Centro Sociocultural. Ás 10:00 horas saída da camiñada polos paseos fluviais ata a Área recreativa de Cobas, e regreso a Negreira.

 

A veciñanza de Negreira pode anotarse desde o venres 18 de novembro no Centro de Información á Muller, na área de Servizos Sociais, ou ben chamando aos números de teléfono: 881 035 155 ou 881 035 154. Regalaremos unha camiseta conmemorativa ás 150 primeiras persoas inscritas.

 

Ao remate (ás 13.00 horas), entregaranse os premios do VI Concurso de Relatos e Cartaces gráficos contra a violencia de xénero, convocado entre os escolares dos centros educativos do concello.

 

powered by social2s