portada_clausura_escolas070519.jpgO Concello de Negreira clausura este sábado 11 de maio, a partir das 15:30 horas e no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, a tempada de Escolas Deportivas 2018/2019 con exhibicións e partidos das diferentes disciplinas deportivas que teñen cabida na ampla oferta deportiva do Concello.

 

Como colofón á xornada, a partir das 19:30 horas terán lugar os partidos polo terceiro posto, seguido da gran final, da Copa de Fútbol Sala 2019 dos concellos de Santa Comba e Negreira.

 

horario_escolas_clausura070519.jpg

powered by social2s

portada_web_maiores060519.jpgO campo da feira acolleu o pasado sábado 4 de maio, a edición número vinte e catro do Encontro dos maiores de Negreira, na que foi a despedida do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño; e tamén da concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, e do ex alcalde, Juan Rey Maceira, pois ningún deles concorrerá aos comicios municipais do 26 de maio.

 

Os irmáns Victorina e Jesús Dourino Forján Mayo, de 102 e 100 anos, respetivamente, foron homenaxeados coma os máis lonxevos entre os setecentos participantes, recibindo sendos agasallos de mans do alcalde Jorge Tuñas, e mailo primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez. O evento incluíu un baile final amenizado polo dúo Matices.

 

pie_maiores060519.jpg

powered by social2s

ruta8_web030519.jpgCada tapa terá un prezo simbólico de 0,50 euros e o sábado pola noite sucederase a animación musical con varios grupos tradicionais. Chega a oitava Ruta dás tapas a Negreira en doce establecementos que esta fin de semana ofrecen as súas tapas.

 

Os participantes deberán selar o seu tapasporte para o reconto final de votos que decidirá a tapa e o establecemento gañador. Tamén se sorteará un bono trocable en Viaxes Tambre.

 

O sábado a partir das oito da tarde sucederase a animación musical extra dos cantos de taberna. Na súa primeira edición actuarán os grupos: Os Ke Hai e Os Regatos, de Callobre (A Estrada); Maravallada, de Pontevedra, así como Tíralle do Aire.

 

As tapas poderanse degustar nos seguintes locais: A Nosa Taberna; La Colombiana; Fontana; Oriel; A Esmorga; Casa dá Cultura; Porto; Galaecia; O Cotón;

D´Tapas; Os Arcos e Peter Bar.

 

Horarios de tapeo

 

Venres: 19:00 a 22:30 horas.

Sábado: 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas.

Domingo: 12:00 a 14:30 horas.

powered by social2s

portada_ximnasia_Link03052019.jpgO Concello de Negreira, coa colaboración do Club Ximnasia Rítmica Compostela, organizan este sábado no pavillón de Pedra Mámoa, a terceira fase do II Torneo Interescolas, en horario de mañá; e mailo terceiro Torneo Vila de Negreira, en horario de tarde. O domingo pola mañá, terá lugar a VI Gala de Ximnasia Rítmica.

 

O evento, organizado polo Concello e mailo Club Ximnasia Rítmica Compostela, constitúe unha actividade consolidada no calendario deportivo do municipio. Este ano congregará no pavillón de Pedra Mámoa a máis de 900 ximnastas dispost@s a dalo todo nas diferentes categorías, con exhibicións con aros, mazas, pelotas, cinta ou cordas.

 

A programación do sábado comezará ás 10:00 horas co II Torneo Interescolas, que rematará ás 14:00 horas. Na terceira fase desta competición entre escolas de Negreira, Ourense e Abegondo, participarán un total de 400 ximnastas, procedentes de diferentes clubs de ximnasia de Galicia.

 

Ás 16:30 horas do sábado comezará o III Torneo de Ximnasia Rítmica ¨Vila de Negreira¨, que rematará ás 20:30 horas, e que contará coa participación de 300 ximnastas. Os torneos contarán cun xurado conformado por cinco membros. Para rematar a fin de semana, o domingo celebrarase a VI Gala de Ximnasia Rítmica, a partir das 11:30 horas, coas exhibicións de 280 ximnastas de Negreira e Santiago.

 

“En Negreira xa é un clásico acoller estas competicións. É de agradecer contar co Club Ximnasia Rítmica Compostela para este tipo de actuacións, que serven para impulsar as nosas deportistas”, segundo explicou Jorge Tuñas Caamaño, alcalde de Negreira.

 

niñas_web030519.jpg

powered by social2s

avispa_web030519.jpgA Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, achéganos o novo modelo de solicitude de tratamento contra o cancro do castiñeiro (Cryphonectria parasitica), no cal deberán realizarse todas as peticións de aplicación do inóculo.

 

Co obxecto de mellorar a eficiencia dos tratamentos, nas solicitudes deberá constar, necesariamente, a seguinte información:

- Datos de contacto do solicitante: Nome; apelidos; DNI e número de teléfono.

- Datos da parcela para a que se solicita o tratamento: Provincia; concello; polígono e parcela.

 

As peticións de aplicación do inóculo, así como as achegas ou solicitudes de calquera aclaración, deberán dirixirse ao seguinte enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ou nos números de teléfono: 981.546.051 e 881.997.210.

 

Asemesmo, infórmase que os datos persoais que consten na comunicación vanse a incorporar a un fiecheiro automatizado, propiedade da Xunta de Galicia, cuxo tratamento é responsabilidade da Consellería do Medio Rural.

 

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

SOLICITUDE CONTRA O CANCRO DO CASTIÑEIRO

 

Avespiña do castiñeiro

 

Doutra banda, as parroquias de San Pedro de Bugallido e de San Martiño de Liñaio, forman parte da listaxe de lugares das catro provincias galegas onde a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, está a executar ao longo da semana do 29 de abril ao 3 de maio, os tratamentos experimentais contra a avespiña do castiñeiro, que científicamente coñecese como o Drycosmus kuriphilus.

powered by social2s