campeones_web130519.jpgA nosa noraboa ao equipo do IES Xulián Magariños que por cuarta vez, gañou a fase final da competición do Club de Debate, promovida polos equipos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos, entre eles o Concello de Negreira que segue apostando forte no eido educativo e de formación.

 

O Pazo da Cultura de Pontevedra foi testemuña o pasado sábado, dunha xornada novamente enriquecedora para o grupo de mozos e mozas do IES Xulián Magariños que representando ao Concello de Negreira, gañaron por cuarta vez, a final da competición do Club de Debate en Galicia, na cal, todos os equipos debateron sobre: “Falamos a lingua que escollemos”. Final con maiúsculas, con todos os elementos dunha.

 

Nervos, rivalidade sá, tensión e emoción foron as claves desta final na que se impuxero os integrantes do equipo do instituto Xulian Magariños, formado por Carolina Cunqueiro, Lorena Golán, Lara López, Andrea Losada, Iria Sánchez, Pablo Suárez, Diego Suárez e Inés Tuñez, quenes estiveron acompañados pola súa coordinadora, María José García Merino, profesora do departamento de galego; e a súa preparadora Sara Porrit Marchena, ademáis da concelleira de Educación do Concello de Negreira, María Jesús Veiga Hortas e maila directora do centro, Clara Rodríguez, así como pais e nais dos estudantes.

 

No seu primeiro debate, tomaron a palabra Lara López expresando as refutacións e Pablo Suárez expoñendo a presentación e a conclusión, ambos na súa postura "a favor". Xa pola tarde, na quenda do equipo negreirés, as portavoces foron Inés Túñez coa presentación e conclusión, e Iria Sánchez, coas refutacións.

 

Non seria ata última hora, pasadas as seis e media da tarde, que o xurado acabou coas deliberacións e posterior anuncio dos resultados, onde o equipo do IES Xulián Magariños, acadaría a máxima puntuación.

powered by social2s

portada_ADOS100519.jpgAs reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+), Cero negativo(0-) e A positivo (A+) permanecen en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) atópanse en nivel normal, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ( ADOS).

 

ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

 

Co fin de facilitar a doazón, este luns, 13 de maio, ADOS desprazará unidades móbiles a varios municipios galegos, entre eles, Negreira, que estará diante do Centro de Saúde pola tarde, de 15:30 a 21:00.

 

doa_sangue_130519.jpg

powered by social2s

portada_esmorga090519.jpgUn petisco elaborado a base de churrasco, con pataca panadeira, grelos e pan de broa, resultou ser a gañadora da exitosa oitava edición do roteiro de tapas de Negreira celebrada do 3 ao 5 de maio, nunha ducia de establecementos da vila.

 

A tapa da cervexaría A Esmorga obtivo o maior número de votos entre os tapeadores, seguida do polo en salsa de tomate con pure de patacas, do bar Oriel; e os boliños de bacallau con base de alioli e toque de pemento picante dá Vera, que foi presentado polo restaurante Os Arcos.

 

Este venres 10 de maio, ás nove da noite, entregarase a peza de artesanía en cera que simboliza o premio ao gañador, así como o sorteo dun bono viaxe entre quenes selaron a totalidade dos seus tapaportes. Dita entrega terá lugar na cervexaría A Esmorga.

 

cantos_pie090519.jpg

powered by social2s

logo2.jpgMañá sábado ten lugar a fase final do Club de Debate no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

A xornada comezará co enfrontamento entre o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón contra o equipo do IES Ames preto das dez da mañá.

 

Un equipo do IES Xulián Magariños de Negreira acadou esta fase final pasando de primeiro na fase de zona na que foron os anfitrións o pasado 5 de abril. O equipo formado por Carolina Cunqueiro, Lorena Golán, Lara López, Andrea Losada, Iria Sánchez, Pablo Suárez, Diego Suárez e Inés Tuñez.

 

Xunto ca súa coordinadora María José García Merino, profesora do departamento de galego no centro, e a súa prepraradora Sara Porrit Marchena farán o seu debú na gran final ó redor das doce e dez debatindo contra o equipo do IES Mendiño, e o farán coa postura “a favor”.

 

Xa na xornada da tarde, ás 15:50 o equipo negreirés enfrontaráse ao equipo do IES de Milladoiro, defendendo unha postura “en contra”.

 

O anuncio dos gañadores, asi como a entrega de premios, será a partir das seis menos dez.

 

A temática elexida para esta fase final é “Falamos na lingua que escollemos” como parte do debate, se debaterá sobre a liberdade de escolla á hora de falar en galego, por exemplo, ou non e, ademáis, se a diversidade de linguas nunha mesma zona territorial é beneficioso ou non.

 

recorte_grande.jpg

powered by social2s

portada_ximnasia070519.jpgNegreira acolleu o sábado 4 de maio a terceira fase do II Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica, onde compre salientar o primeiro posto en conxuntos cadete e un terceiro posto en conxuntos infantil, da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira, que tamén participa neste torneo cun conxunto alevín.

 

En categoría cadete, o conxunto de Negreira obtivo a máxima nota con 11,70 seguidas do Cadete B do Rítmica Compostela (11,35), e do Club Maniotas con 11,20 de nota final.

 

En categoría infantil, as de Negreira lograron a medalla de bronce cunha nota de 10,90, por detrás da Escola de Ximnasia Porta Norte (11,30), e do Colexio Internacional Eiris, cunha nota final de 12,00.

 

En categoría alevín venceu o Colexio Internacional Eiris, seguidas do Ximnasia Oroso e Ximnasia Coruña.

 

A cuarta fase e final do II Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica celebraráse en O Carballiño o un de xuño.

 

Actas dos torneos:

ACTAS II TORNEO INTERESCUELAS INDIVIDUAL

ACTAS II TORNEO INTERESCUELAS EQUIPOS

ACTAS III TORNEO GIMNASIA RITMICA VILA DE NEGREIRA

 

Fotos: Difusión ProSport

 

pie_ximnasia070519.jpg

powered by social2s