O vindeiro luns 28 de novembro as 16 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira, técnicos da Xunta de Galicia e do Inega, presentarán a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende achegar á cidadanía consellos para aforrar no consumo de electricidade. 

 

Os obxectivos principais que persigue este proxecto son:

 

•Facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade.

•Dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos.

 

Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite:

 

•Coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade: Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.

•Diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico.

•Calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda.

•Calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo.

•Extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental. 

•Obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.

•Coñecer os dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.

 

Para acceder á aplicación:

http://www.inega.es/informacion/simuladores/

 

Teléfono de información da campaña: 900 90 77 23

 

Attachments:
Download this file (Guía rápida.pdf)Guía rápida.pdf
powered by social2s

O Outono Cultural Negreira 2016 presenta o sábado día 3 de decembro, o I Concerto de solistas da Banda Ateneo de Negreira. Baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, terá coma marco de celebracióin o Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 19:00 horas e con entrada de balde ata compretar o aforo. 

 

Neste concerto interpretarán música de autores como: Rimsky; Korsakov; Ferrer Ferrán; Weber; Raúl Martín ou Lionel Beltrán, coa participación dos seguintes solistas da Banda Ateneo de Negreira: Miguel Blanco (clarinete); Noel López (trombón); Daniel Manteiga (trompeta); Cristina Cotilla (xilófono); Eva Iglesias (saxofón alto), xunto cun convidado especial como é Samuel Pérez Llobell, trompa solista da Banda Municipal de Santiago, quen interpretará dúas pezas para trompa alpina e banda.

 

Agardámosvos o primeiro sábado do mes de decembro nun concerto único da Banda Ateneo de Negreira. 

powered by social2s

O Centro de Información á Muller (C.I.M.), do Concello de Negreira, promove unha semana (do 21 ó 26 de novembro) chea de actividades para conmemorar o 25 de novembro, o Día Internacional contra a violencia de xénero. Estas actividades foron presentadas este xoves nos estudos de Radio Negreira pola concelleira delegada da Muller, Mar García Vidal, e polas responsábeis do centro, Rosa Fuentes, directora e avogada, e Natalia Suárez, psicóloga.

 

Programa de actividades

 

Luns 21. Obradoiros para adolescentes sobre o uso saudable das novas tecnoloxías no IES Xulián Magariños.

 

Martes 22. Charla sobre o uso seguro das novas tecnoloxías. Aberta a todo o público pero especialmente para os país e as nais. No Auditorio da Casa da Cultura, ás 19:00 horas.

 

Xoves 24. Contacontos para alumnado de Primaria, ás 10:30 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, a cargo de Caxoto con “Contamos coa igualdade”.

 

Venres 25. Acto a cargo da Asociación de Empresarios de Negreira (ENE), ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Sábado 26. Quinta Andaina contra a violencia de xénero. Xuntanza ás 09:30 horas no Centro Sociocultural. Ás 10:00 horas saída da camiñada polos paseos fluviais ata a Área recreativa de Cobas, e regreso a Negreira.

 

A veciñanza de Negreira pode anotarse desde o venres 18 de novembro no Centro de Información á Muller, na área de Servizos Sociais, ou ben chamando aos números de teléfono: 881 035 155 ou 881 035 154. Regalaremos unha camiseta conmemorativa ás 150 primeiras persoas inscritas.

 

Ao remate (ás 13.00 horas), entregaranse os premios do VI Concurso de Relatos e Cartaces gráficos contra a violencia de xénero, convocado entre os escolares dos centros educativos do concello.

 

powered by social2s

O pasado venres entregáronse os primeiros traballos realizados polo alumnado do Obradoiro de Emprego Barcala-Dubra II, nestes dous primeiros meses de actividade, dende que iniciou a súa andaina o día 30 de setembro.

 

Promovido polo Concello de Val do Dubra, e coa participación de Negreira e A Baña, combina unha parte de formación nas aulas e, outra de traballos de revestimentos e acabados en construcción, levando a cabo neste período traballos en Negreira. Concretamente, a limpieza da fachada e pintado do edificio de Servizos Múltiples (antigo instituto), formigonado e limpeza dunha parte do parque do Coto e, formigonado da parte traseira do Pavillón dos Deportes de Pedra Mámoa.

 

 

A devandito acto de remate desta parte do proxecto por parte do alumnado e persoal contratado no Obradoiro, asistiron representantes dos tres concellos participantes, contando coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e os seus homólogos de Val do Dubra, Antonio Negreira; e A Baña, Andrés García Cardeso.

 

powered by social2s

O Goberno Municipal do Concello de Negreira inicia este venres 18 de novembro, unha rolda de visitas ás distintas parroquias do concello para informar aos veciños/as, das actuacións feitas ata o momento e das previsións de actuacións que se van a facer.

 

Asemesmo, escoitarase e tomarase nota de todo aquilo que teñan que dicir os/as cidadáns.

 

A primeira das reunións terá lugar este venres, ás 21 horas, no Local Social da parroquia de Santa Cruz de Campolongo. Xa na vindeira semana, concretamente o venres día 25 visitarase a parroquia de Portor, tamén ás nove da noite.

powered by social2s