Obra_portada310519.jpgO alumnado e profesorado do módulo de Turismo do Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, e mailo técnico municipal de Turismo, acompañados polo arquitecto municipal, Alfredo Varela, e mailo tenente de alcalde en funcións, Manuel Ángel Leis, realizaron unha visita a diferentes restos arqueolóxicos da zona alta do concello como os restos do castelo de San Martiño, a calzada romana da Brea, en A Devesa, ou ás zonas onde se atopan os restos de mámoas como a de Espiñaredo, na chaira do monte Corzán. Tamén estiveron a ver a ponte da Pedra, en Vilar de Ordoeste.

powered by social2s

muineira_trafico300519.jpgCon motivo da celebración do XXVII Día da Muiñeira, prégase non estacionar en todo o recinto da praza do Concello dende primeira hora da mañá do sábado 1 de xuño para deixar a praza liberada de vehículos. Vánse pechar os accesos e débese retirar os vehículos que estén estacionados en todo o recinto. Ademáis, a parada de taxis vaise a reubicar de forma provisional durante a tarde do sábado, na rúa do Carme.

 

Dende o Concello de Negreira agradécese a colaboración dos residentes e que disculpen as molestias que poidan ocasionar aos veciños.

powered by social2s

portada_muineira29052019.jpgUnha ducia de agrupacións folclóricas da provincia participan este sábado no XXVII Día da Muiñeira, de Negreira, e no XXIII Concurso folclórico, baixo a organización do Concello de Negreira e maila Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón.

 

O desfile con preto de 500 participantes sairá ás 17,00 horas do Campo dá Feira. Unha hora despois, na praza do Concello, comezará o baile conxunto da muiñeira por parte de todos os grupos participantes. As escolas de danza tradicional de Negreira teñen o seu colofón nesta xornada de exaltación do folclóre galego que anualmente ten lugar en Negreira.

powered by social2s

torneo_portada300519.jpgA Asociación Deportiva Nicrariense organiza esta fin de semana no campo municipal Jesús García Calvo, coa colaboración do Concello de Negreira, o seu segundo Torneo de Verán ADN, de fútbol, nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, o sábado 1 de xuño, e mailo de categorías biberón e fútbol feminino, o domingo 2 de xuño.

 

Os partidos comezarán ás 9:40 horas do sábado e rematarán entorno ás nove da tarde. O domingo o inicio está previsto para as dez da mañá e rematarán ás oito da tarde.

 

Categoría Prebenxamin

Grupo A: ADN; Noia; Xallas e Fátima.

Grupo B: Nicrariense; Victoria; Dubra e Compostela.

 

Categoría Benxamín

Grupo A: ADN; A Baña; Lalín e Boqueixón.

Grupo B: Xallas; Dubra; Noia e Compostela.

 

Categoría Alevín

Grupo A: ADN; Xallas; Noia e Corme.

Grupo B: Dubra; Milladoiro; A Baña e Compostela.

 

Categoría Biberón: Amio; Compostela; Outes e ADN.

Fútbol feminino: Victoria B; Bandeira B; ADN; Trazo; Victoria B; Bandeira A; Carballedo e Fisober.

 

Horarios e grupos do sábado

Horarios e grupos do domingo

powered by social2s

O Concello de Negreira ten de prazo ata este venres 31 de maio para que as persoas interesadas poidan presentar as súas solicitudes para formar parte da listaxe de agarda de persoal laboral temporal de arquitectura técnica, cuxas bases están publicadas na web municipal (concellodenegreira.gal).

 

Trátase de dar cobertura ó servizo de Arquitectura Técnica, dentro do departamento municipal de Urbanismo.

 

 

BASES

powered by social2s