DSC_1114.JPGAcompañando á exposición sobre Francesc Boix, o fotógrafo de Mauthausen, este mércores 10 de abril, ás oito da tarde, ten lugar a conferencia da investigadora histórica, memoralista e escritora, María Torres Celada, na Casa da Cultura, baixo o título: “A investigación sobre os deportados ós campos de concentración nazis”, conferencia que será presentada polo historiador José Manuel López Tuñas, quenes estarán acompañados por Isabel de la Cruz, sobriña do deportado Rafael Pardo Vales.

 

Portada_blog.jpg

 

María Torres Celada é memorialista, investigadora histórica e escritora, e neta dun represaliado polo franquismo. É a editora do blog Búscame en el ciclo de la vida (finalista dos premios Bitácoras 2014), e do blog Memoria de una Búsqueda, donde se plasma a investigación sobre a represión de seu avó.

 

Dende hai dous años investiga a participación dos vigueses na II Guerra Mundial (exiliados, deportados nos campos de Europa e do Norte de África, combatentes, resistentes, espías, etc.).

 

Publicacións:

-         Los vivos y los muertos, do libro Franco la muerte. Editions Arcane 17, 2015.

-         Poemas en la noche, Ojos verdes Ediciones, 2015 (Colectivo).

-         Odisea Poética en Libertad 8, Legados Ediciones, 2016 (Colectivo).

-         Cartas en el Agua, Ojos verdes Ediciones, 2017 (Colectivo).

 

DSC_1113.JPG

0
0
0
s2sdefault

emmn.jpgA área de Cultura da Deputación da Coruña destina un orzamento de 360.000 euros ás escolas de música e danza e conservatorios de trinta concellos, entre eles Negreira. A liña de axuda ten como obxectivo garantir a formación artística en todo o territorio da provincia.

 

Trátase da convocatoria de subvencións a concellos para o mantemento de conservatorios, escolas de danza e música municipais, sendo trinta os concellos beneficiarios que reciben axudas que van de entre 20.000 e 8.500 euros.

 

O Concello de Negreira recibe este ano unha aportación da Deputación da Coruña por un importe de 9.000 euros para sufragar os gastos derivados do persoal docente da Escola Municipal de Música.

0
0
0
s2sdefault

ados.jpgA Axencia de Doazón de Órganos e Sangue achega unha das súas unidades móbiles a Negreira, o luns día 15 de abril. Dita unidade permanecerá estacionada diante do Centro de Saúde, na rúa de Castelao, en horario de 9:30 a 14:30 horas, e de 16:00 ás 21:00 horas.

 

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar, agardar dúas horas. E se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 quilos, só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros.

 

#sumateaonosoequipo

0
0
0
s2sdefault

portada.JPGFoi inaugurada na Casa da Cultura, a exposición sobre a vida de Francesc Boix, o fotógrafo de Mauthausen, que a través de vinte paneis informativos e un vídeo explicativo, a cal pódese visitar na sala de exposición da Casa da Cultura, ata o vindeiro 28 de abril. No acto participou o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, quen agradeceu a colaboración prestada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica para achegar a veciñanza de Negreira e comarca, a exposición que narra coma o prisioneiro de Mauthausen e fotográfo catalán, axudou a documentar coas súas fotografías o horror sufrido nos campos de concentración nazis. Unha historia que foi levada ao cine, coa estrea a finais de 2018 da película que conta a súa vida e obra.

 

Tuñas Caamaño apuntou a que estamos ante unha exposición «que serve para tomar conciencia do que pasou e, que non se volva a repetir semellante cousa, sobre todo cando aínda hoxe en día hai representantes da política que poñen en dúbida que isto que vemos aquí pasáse, polo que temos que ter se cabe aínda máis conciencia do que pasou, do que se fixo, e do que non debe facerse nunca máis».

 

O mandatario convidou á veciñanza a asistir á conferencia que este mércores 10 de abril, ás 20 horas, vai a ofrecer a investigadora María Torres, sobre a investigación sobre os deportados ós campos de concentración nazis.

 

Foto1.JPG

 

Pola súa banda, Carmen García-Rodeja, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, fixo fincapé en que cando lle poñemos cara e nome aos deportados «tamén lle poñemos lingua, pois falan en galego, son veciños de aquí, recordaban a súa terra, e o importante é que se poida visibilizar que eran galegos», subraiou.

 

A representante da ARMH tamén falou sobre o trato vexatorio aos deportados: «Nos campos de concentración, pasaron a ser exterminados, porque o campo de Mauthausen, que non era un campo de exterminio, eran exterminados ao ser sometidos a un traballo durísimo, pois traballaban na canteira, sufrían fame, inxeccións de gasolina, cámaras de gas, e algúns non podían aguantar máis e tirábanse ás alambradas».

 

Foto2.JPG

 

Na inauguración da mostra sobre Boix, tamén interviu Juan Carlos, sobriño dun deportado galego aos campos de concentración nazis, concretamente, natural da localidade de Ézaro, no concello de Dumbría. Juan Carlos, quen relatou a historia dos seus dous tíos, nun relato que data do 17 de outubro de 1937 cando trece homes baixaron do monte do Pindo para fuxir nunha lancha. Juan Carlos escribiu un libro que narra todo o acontecido.

 

O acto pechouse coa interpretación de pezas musicais cantadas en francés polo grupo A quinta.

 

A quinta.JPG

0
0
0
s2sdefault

Portada.jpgA nosa noraboa ao equipo presentado polo instituto Xulián Magariños, que acadou 386,5 puntos, a máxima puntuación dos seis equipos participantes, seguido do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, con 370,5 puntos. Ambos equipos pasan á gran final do sábado 11 de maio no Pazo dá Cultura, en Pontevedra.

 

O tema para debater na fase de zona de Negreira foi: Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación. Durante toda a xornada do pasado venres 5 de abril, os seis equipos debateron no Auditorio do Centro Sociocultural, tanto defendendo a postura a favor coma en contra.

 

O equipo do IES Xulián Magariños que continúa coa tradición de anteriores grupos que chegaron a proclamarse campións do Club de Debate está integrado polos seguintes estudantes: Carolina Cunqueiro, Lorena Golán, Lara López, Andrea Losada, Iria Sánchez, Pablo Suárez, Diego Suárez e Inés Tuñez. Xunto ca súa coordinadora María José García Merino, profesora do departamento de galego no centro, e a súa prepraradora Sara Porrit Marchena.

 

Puntuación final

1) - IES Xulián Magariños: 386,5 puntos

2) - CPI Eusebio Lorenzo Baleirón: 370,5 puntos

3) - IES Leixa (Ferrol): 369 ptos

4) - IES Félix Muriel (Rianxo): 354,5 puntos

5) - IES Canido 2 (Ferrol): 303,5 puntos

6) - IES Canido 1 (Ferrol): 255 puntos

 

pie_pagina.jpg

0
0
0
s2sdefault