Foto entrada

Dende o xoves día 1 de outubro, só en horario de tarde, o acceso do público en xeral ás instalacións e locais do Centro Sociocultural e maila Casa da Cultura, farase pola entrada do Centro Sociocultural.

 

O horario de apertura das instalacións culturais vai continuar sendo de 16:00 a 23:00 horas, pero a entrada farase polo Centro Sociocultural, dentro das novas normas de seguridade establecidas polo Concello de Negreira ante a pandemia da Covid-19.

 

No caso do alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Negreira (EMMN), o acceso ás aulas e locais, xa estaba previsto a través do Centro Sociocultural, non podendo acceder os familiares quenes deberán deixar aos alumnos en dita entrada, na cal serán recollidos polo seus profesores.

powered by social2s

imaxe

O Servizo de Voluntariado do Concello de Negreira lanza unha campaña de recollida de ordenadores portátiles. Se tes un ordeandor portátil obsoleto ou adquiriches un novo recentemente, doa o antigo para a formación de nenos/as de familias en risco de exclusión social, ou con fins educativos.

 

Para maior información sobre a campaña ou doar un equipo informático, podes achegarte á oficina do Voluntariado Social, sita na pranta baixa da casa do Concello, na rúa do Carme, 3, ou ben chamando ó número de teléfono: 664 074 674.

powered by social2s

Foto tenis

Dende o venres 25 de setembro ata o 4 de outubro, as canchas de tenis do Complexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa acollen a disputa da terceira edición do Open "Vila de Negreira", de tenis, despois de que tivese que ser aprazado polas restricións debido a pandemia da Covid19.

 

A competición bota a andar este venres 25 de setembro coa fase previa da categoría absoluta masculina. Este ano, a pesar de non contar coa participación do gañador das dúas primeiras edicións, o asturiano Roberto Menéndez, pódese dicir que é a edición de maior nivel de xogadores, xa que todos os tenistas que entraron no cadro final atópanse entre os 450 mellores de España, entre os que se atopa o actual subcampión galego, Pedro Ecenarro; o número 1 do cadro, David Cao, así como o incombustible Tomás Currás, ou Iago Dominguez, sobriño da xogadora de Grand Slam, Lourdes Domínguez.

 

O terceiro Open "Vila de Negreira", conta con xóvenes tenistas en ascenso como é o caso de Ánder Tarrío ou o amiense Saúl Berdullas, veciño de Pontemaceira, quen xa participou na última edición e que o pasado ano pertencendo á categoría infantil proclamouse por partida dobre, campión galego infantil e cadete.

 

No cadro feminino hai un total de 16 xogadoras, contando entre elas con participantes asturianas.

 

O torneo complétase coas categorias +35 onde participarán os locais Jesús Mariño e Juan José Mesejo, ambos do Club de Tenis Negreira; e na categoría cadete cóntase coa participación de xóvenes tenistas que adestran nas instalacións de Pedra Mámoa como Ian Rodríguez ou Yeray Quian.

powered by social2s

Logo escola

Este xoves 1 de outubro bota a andar o novo curso académico 2020/2021 coas máximas garantías de seguridade cun exhaustivo protocolo que lle foi entregado ás familias. A Escola Municipal de Música que dirixe Raúl Martín Niñerola, inicia o novo curso con 98 alumnos e alumnas matriculados, ofrecendo a maioría de clases individuais, agás as de Linguaxe musical, Iniciación, música en movemento e coro, así como conxuntos de vento e percusión, cordas, acordeóns e gaitas.

 

O director, Raúl Martín Niñerola, adiantou ás familias, as medidas e os protocolos que se van a implantar para evitar os posibles contaxios e a propagación da Covid-19.

 

O Concello de Negreira está a facer unha forte aposta por manter as actividades culturais e deportivas para a veciñanza e no caso da Escola Municipal de Música, se adoptan unha serie de medidas como que o acceso do alumnado farase polo Centro Sociocultural, ata cuxa entrada os pais e nais poderán acompañar aos seus fillos, pero non poderán acceder nin ó edificio nin ás aulas, para garantir que se cumplan todos os protocolos de seguridade. Todos os alumnos deberán acoder con máscara que só poderán quitala cando estén tocando instrumentos, agás os percusionistas, pianistas, violinistas e guitarristas que deberán levala en todo momento.

 

A Escola Municipal de Música de Negreira elaborou unha circular informativa sobre as entradas e saídas do centro, así como un protocolo a seguir durante o presente curso.

powered by social2s

Negreira merendas

Dende o Concello de Negreira infórmase ás familias que temos aberto o prazo para inscribir á rapazada no programa "Negreira Concilia Merendas", que está dirixido aos nenos e nenas cuxos titores e titoras estean traballando.

 

O horario é de 15:30 a 18:30 horas, e contaremos coas medidas de seguridade e prevención ante a Covid-19 e materase vixente sempre que as circunstancias o permitan.

 

Para anotarse tedes de prazo ata o vindeiro día 29 de setembro. Lembrade que as prazas son limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas no noso concello. Máis información e inscricións no Centro de Información á Muller, na pranta baixa da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3, ou nos seguintes números de teléfono: 981 88 63 20 / 662 37 04 48.

powered by social2s