pcs.jpg

O obxectivo principal desta iniciativa, do Servizo de Voluntariado Social do Concello, é convocar á veciñanza do concello a doar ordenadores e outros equipos informáticos portátiles en desuso, para que poidan ser recuperados para o seu emprego durante o curso virtual.


O Concello garante a eliminación dos datos que puidesen conter os equipos cedidos. Para obter máis información ou para realizar doazóns, cómpre acudir á Oficina de Voluntariado do Concello, ou chamar ao teléfono 664 074 674.

powered by social2s

Portada atencion tempera

O servizo de Atención Temperá dos concellos de Negreira e Val do Dubra celebrou esta mañá, no Auditorio da Casa da Cultura, un pequeno acto coas familias dos rapaces e rapazas usuarias da unidade, que atende a vinte sete nenos e nenas de entre cero e seis anos en Negreira.


As traballadoras do servizo fixeron presentación dun breve vídeo que recompila varias das metodoloxías empregadas para atender á rapazada, ademais de repartir uns pequenos obsequios aos nenos e nenas. Con este acto, a unidade comeza un período de descanso ata o vindeiro mes de setembro, cando retomarán a súa actividade.

 

 Copia de Sin título.jpg

 

O servizo de Atención Temperá, ofrecido grazas ao convenio dos concellos de Negreira e Val do Dubra, realiza un traballo de diagnose e valoración de diversas dificultades ou trastornos de desenvolvemento en rapazas e rapaces de entre 0 e 6 anos. A unidade está integrada por profesionais da pedagoxía, psicoloxía, logopedia e fisioterapia, que traballan co fin de mellorar as capacidades comunicativas, psicomotrices e cognitivas dos nenos e nenas suxeitas ao programa.

 

A actividade do servizo desenvólvese de luns a mércores no edificio do antigo instituto de Negreira, na rúa de Castelao, e os xoves e venres, no Val do Dubra. A unidade permite que a rapazada que necesita desta atención non teña que pasar polas instalacións do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, que os deriva directamente ao seu servizo local de referencia.

powered by social2s

parque-eolico-negreira.png 

 

O Concello de Negreira informa de que a empresa ENEL, a concesionaria do parque eólico de Corzán, acometerá a xestión da biomasa da zona ocupada polas súas instalacións, é dicir, as pistas de acceso ao parque e as franxas perimetrais de cada un dos aeroxeradores. O concello foi notificado dunha acta dirixida a administradora dende a Consellería de Medio Rural, na que se recorda a obriga de manter as súas instalacións en bo estado.

 

Esta obriga está recollida na lei 3/2007 do 9 de abril, no seu artigo 20 bis, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, a cal establece que, “nas instalacións de produción de enerxía eléctrica eólica deberá xestionarse a biomasa na superficie afectada de pleno dominio e voo, de acordo co establecido no Plan sectorial eólico de Galicia, ao redor de cada aeroxerador de produción de enerxía eólica instalado.

 

Así mesmo, nos camiños interiores das ditas instalacións a xestión da biomasa vexetal, no estrato arbustivo e subarbustivo, farase nos cinco metros dende a aresta exterior do camiño. Neste último suposto, non se esixirá a retirada de árbores das especies sinaladas na disposición terceira.

 

A xestión da biomasa nas instalacións comezará nos próximos días tal e como obriga a lei mencionada anteriormente. Para calquera problema que poidan atopar os propietarios e propietarias das parcelas, poden poñerse en contacto co responsable do parque eólico, Fran, no número 672 376 186.

powered by social2s

Diseño sin título (1).png

A Corporación municipal de Negreira gardou un minuto de silencio como acto de rexeitamento de todo tipo de violencia tralo asasinato do mozo Samuel Luiz, na cidade da Coruña. 

 

Os concelleiros e concelleiras expresaron a súa repulsa pola morte de Samuel ao rematar a sesión plenaria celebrada este luns 12 de xullo na Casa do Concello.

powered by social2s

casa

 

A Corporación Municipal de Negreira celebrará o luns, día 12 de xullo, ás 21:00 horas, unha sesión do Pleno, con carácter ordinario, conforme á seguinte orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, das actas seguintes:

- Acta da sesión extraordinaria de data 12 de abril de 2021.

- Acta da sesión ordinaria de data 10 de maio de 2021.

- Acta da sesión extraordinaria de data 7 de xuño de 2021.

 

2º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 77/2021 ó nº 204/2021, ambos inclusive.

3º.- Dar conta das resolucións de alcaldía sobre nomeamento de Concelleira de Educación e Sanidade, Tenente de Alcalde, e membro da Xunta de Goberno Local.

4º.- Festividades locais 2022.

5º.- Incorporación de ben ao Inventario Municipal.

6º.- POS + 2019.- Ratificación, se procede, do Decreto de Alcaldía nº 167/2021, de data 19 de maio de 2021.

7º.- POS +COMPLEMENTARIO/2021.- Ratificacion, se procede, dos Decretos de Alcaldía nº 163/2021, de data 14 de maio de 2021 e nº171/2021, de data 27 de maio de 2021.

8º.- POS +COMPLEMENTARIO/2021.- Ratificacion, se procede, dos Decretos de Alcaldía nº 165/2021, de data 18 de maio de 2021 e nº174/2021, de data 1 de xuño de 2021.

9º.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento e Manual de identidade visual corporativa.

10º.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida de lixo.

11º.- Orzamento municipal exercicio 2021.

12.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P relativa a determinadas actuacións a realizar na Barquiña

powered by social2s