foto3-180517.jpgA Banda Ateneo de Negreira e maila Escola de pandeireta e baile do Obradoiro de Cultural Tradicional Ultreia, de Compostela, presentan un espectáculo conxunto este domingo 21 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio de Negreira, conmemorando a semana das Letras Galegas promovida polo Concello de Negreira.

 

A irmandade entre as dúas agrupacións pretende reivindicar a riqueza da música tradicional galega, así como a pervivencia da nosa lírica popular a través dos cantos e cantigas. O repertorio escollido inclúe tanto pezas de composición coma pezas de recollidas polo Obradoiro de Cultural Tradicional Ultreia, nas zonas de Avión, Mangüeiro, Cervantes ou Gargamala, entre os anos 1990-2000.

 

foto1-180517.jpg

 

As pezas foron arranxadas para a banda por Raúl Martín Niñerola, director da Banda Ateneo. Alén das pandereteiras da escola de Ultreia interpretaren vocalmente os cantos, xotas e muñeiras destas zonas, os bailadores ilustrarán ao público asistente coa execución dalgúns dos bailes máis representativos.

 

foto2-180517.jpg

0
0
0
s2sdefault