O Goberno Municipal do Concello de Negreira vén de informar á veciñanza, a través dun Bando da Alcaldía, dos investimentos, en obras, actividades e equipamentos, realizados ao longo do pasado exercicio de 2016. A referida listaxe recolle os seus importes e mailos Organismos que subvencionaron parte dos investimentos.

 

O maior montante correspóndese co proxecto de aplicación dunha capa de aglomerado en quente e formación dunha rede de saneamento de augas pluviais nas rúas Nelson Mandela e Vilachán, xunto co aglomerado nun treito da rúa Rosalía de Castro, proxecto pendente aínda da súa execución, por un importe de 180.779 euros que achega a Deputación da Coruña mediante unha subvención nominativa.

 

O seguinte maior importe é para o arranxo de camiños, por 168.628 euros: De Maio Pequeno á fonte-lavadoiro; en Santomé; de Gonte á fonte lavadoiro; a Lueiro dende os depósitos municipais; de A Barquiña á fonte; dende os depósitos municipais a San Martiño, e mailo acceso ao monte da Pena, que tamén foi financiado pola Deputación da Coruña.

 

Dos investimentos financiados pola Xunta, destacan os 56.391 euros para dotar de novos colectores ao parque empresarial con verquido á depuradora municipal, ou memso o aforro enerxético no propio parque empresarial con 40.434 euros, ou o proxecto actualmente executándose, de dotazón de vestiarios ao pavillón escolar do Colexio do Coto con 60.379 euros, entre outros.

 

0
0
0
s2sdefault