Os graves efectos do ciclón Kurt, con ventos furacanados de máis de 100 quilómetros por hora na nosa comarca, deixaron tras de sí, moitos servizos afectados como o subministro de electricidade –nalgún caso como a aldea de Gonte durante máis de 65 horas-, de telefonía móbil, cortes de estradas e desperfectos en cubertas e caída de cascotes que desprendéronse das fachadas, entre outros.

 

Séguense retirando árbores caídas no parque infantil do Coto, no paseo fluvial, ou na ponte de Cobas, ademáis dunha revisión da rede de estradas municipais, dende as zonas máis altas como Campolongo e Xallas.

 

Os desperfectos máis importantes de instalacións municipais déronse co derrubo da torre de comunicacións do monte da Pena, desde onde emítese o sinal de Radio Negreira, e mailo sinal de TV para todo o Val de Barcala, polo que até que o mal tempo dé unha tregua e permita facelos traballos correspondentes, as emisións na FM e TDT quedaron interrumpidas, afectando maiormente as da televisión, ás parroquias do concello da Baña.

 

Máis información AQUÍ.

 

Asemesmo, o pavillón polideportivo de Pedra Mámoa atópase inutilizado ata que sexa posíbel reparalos danos na súa cuberta. O vento arrincou varias chapas traslucidas do cumio que estánse tratando de sustituir por outras que impidan que a auga da chuvia siga caendo sobre a pista de xogo.

 

 

Suspensión de kárate

 

A climatoloxía adversa obrigou á Federación Española de Kárate e Disciplinas Adaptadas, á suspensión da primeira fase do Departamento de Kárate Infantil que ía celebrarse o pasado sábado no pavillón de Pedra Mámoa, promovida pola Escola Akai Ryu en colaboración co Concello. Por razóns de seguridade, tanto nos desprazamentos de deportistas e familiares coma nas propias instalacións, decidiuse a suspendélo ata novo aviso.

No momento da suspensión, xa estaban en Negreira moitos dos participantes, entre eles, algúns karatecas do País Vasco, Cantabría e Asturies que fixeron noite no hotel Millán para regresar o sábado aos seus lugares de orixe. Outros, como de Cataluña, Aragón ou A Rioxa, xa non viaxaron ou regresaron en pleno camiño de novo cara as súas casas, e a maiores, tamén ían participar karatecas de Portugal, Castela e León, Castela A Mancha ou Baleares. Mesmo os dous técnicos nacionais, Jonatan Huertas e Eduardo Flores, tiveron que regresar no propio voo a Madrid, ante a imposibilidade por razóns de seguridade do avión no que viaxaban de aterrar no aeroporto de Lavacoia, o mesmo venres.

 

No seguinte enlace atopase a informacíon ampliada da Federación Española de Kárate e Disciplinas Adaptadas: pulsa AQUÍ.

0
0
0
s2sdefault