O ex porteiro camerunés Jaques Songo´o, vai selo padriño de honra da sexta Gala do Deporte do Concello de Negreira, este venres 3 de febreiro, a partir das 21 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, na cal vánse entregar os recoñecementos aos mellores deportistas de Negreira no pasado 2016 e mailos galardóns á traxectorias e colaboración co deporte local.

 

Jacques comezou a súa carreira futbolística profesional no Canon Yaoundé, clube do seu país de orixe, Camerún, de onde sairon outros ilustres xogadores como o tamén porteiro, Thomas N'Kono e, Pierre Wome. No ano 1989 asinou polo Toulouse francés, onde estivo tres anos. En 1992 foise ó Le Mans, onde só permaneceu unha campaña. Ao ano seguinte foi fichado polo FC Metz. Estivo neste equipo ata 1996 cando as súas boas actuacións levárono hacia a Liga Española, ao Real Club Deportivo da Coruña.

 

Songo´o, mítico cancerbeiro do Dépor que gañou a Liga 1999/2000 estivo cinco anos no Real Club Deportivo da Coruña, onde aparte do referido título de Liga, tamén gañou unha Supercopa de España e mailo trofeo Zamora que distingue ao porteiro menos goleado, concretamente na tempada 1996/1997 cando chegou a Galicia, despois de encaixar 32 goles en 42 partidos xogados. En 2001, Jacques abandonou o Deportivo para regresar ao FC Metz, regresando ao equipo galego na tempada 2003/2004 para retirarse do fútbol profesional. Tamén foi integrante do Dépor de fútbol indoor co que gañou a Liga e maila Copa Indoor 2008.

 

Como curiosidade, na tempada 1999/2000, anotou un gol ante o Numancia de Soria, o cal suponía o empate do Deportivo, pero que lle foi anulado de forma inxusta por unha falta sobre o porteiro rival, pero que non cometeu e, que houbese supuesto o empate a un gol.

 

Coa Selección Nacional de Camerún participou en catro Mundiais e gañou a Copa de África en dúas ocasións, aínda sendo suplente de Alioum Boukar. Nos últimos tempos, tamén exerceu de segundo adestrador da selección de Camerún.

 

Actuacións

A sexta edición da Gala do Deporte conxugará a entrega de recoñecementos con actuacións artísticas como o dúo Duelirium, de acrobacias aéreas, ou do músico local Richo, xunto a exhibicións como a da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica baixo a dirección de María Fernández, e que deparará sorpresas que agardan aos asistentes este venres nun evento con entrada de balde ata compretar o aforo dispoñíbel. 

 

0
0
0
s2sdefault