O Concello de Negreira, a través da Axente de Desenvolvemento Local, Sonia Ponte, informa da convocatoria da liña de subvencións do Plan Específico de Acción Comunitaria 2017 que convocou a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia e, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia do venres 20 de xaneiro (nº 14).

 

Este Plan Específico de Acción Comunitaria está destinado a asociacións de veciños, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e, mailas asociacións de mulleres rurais.

 

O plan vai dirixido ás seguintes actuacións: obras; investimentos e equipamentos de titularidade veciñal ou de dereito de uso, así como camiños veciñais e traídas de auga veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal.

 

O prazo para solicitar estas axudas da Vicepresidencia remata o día 20 de febreiro e pódese solicitar información e asesoramento na propia Axente de Desenvolvemento Local, na primeira pranta da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3. As solicitudes deben presentarse por vía telemática, na plataforma de Vicepresidencia.

 

O importe máximo da axuda concedida é de 12.000 euros, e o prazo para ter rematadas as obras, investimentos ou equipamentos é o do 15 de outubro de 2017.

0
0
0
s2sdefault