Este sábado celébrase por quinto ano consecutivo, a Andaina «Negreira camiña contra a violencia de xénero» que partirá ás 10:00 horas desde o Centro Sociocultural, percorrendo os paseos fluviais ata a Área recreativa de Cobas e, dende alí, regreso á vila por Pedra Mámoa e a avenida de Barcala.

 

A veciñanza pode sumarse a partir das 09:30 horas á concentración previa á saída. Haberá unha camiseta conmemorativa para as 150 primeiras persoas inscritas no Centro de Información á Muller (C.I.M.).

 

Ao remate (ás 13.00 horas), repartirase un chocolate con rosca entre a veciñanza participante, e acto seguido entregaranse os premios do VI Concurso de Relatos e Cartaces gráficos contra a violencia de xénero, convocado entre os escolares dos centros educativos do noso concello.

 

Asemesmo, este venres 25 de novembro, a partir das 19.00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, terá lugar un acto de concienciación e en lembranza ás víctimas da violencia de xénero, a cargo da Asociación de Empresarios de Negreira (ENE). 

0
0
0
s2sdefault