O Concello de Negreira implanta un novo servizo de comunicación de incidencias a través de App móvil, creando unha canle directa de comunicación das incidencias localizadas no noso municipio. Este servizo vai ser presentado este venres 4 de novembro, ás 11:00 horas no Telecentro de Negreira.

 

O usuario conéctase á web de Play Store ou a App Store en función da tecnoloxía empregada no seu dispositivo móvil (Android / iOS). Selecciona a App Línea Verde, con descarga de balde e, a partir de ese intre o procedemento é moi sinxelo.

 

Para comunicar unha incidencia, basta con seleccionar a tipoloxía. Por xeolocalización, a aplicación se encarga de detectar de forma automática as coordenadas exactas do lugar. Aínda así, o usuario tamén pode facelo manualmente si decide envíalo aviso noutro momento e dende outro lugar. Incluso pódese adxuntar unha foto da incidencia cunha breve descrición.

 

Unha vez enviada, o responsábel designado recibirá notificación da mesma. A partir dese intre, comezan os trámites para dar solución á incidencia detectada. E unha vez resolta, o cidadán recibe unha notificación no seu terminal.

 

Para comunicar calquera incidencia tamén se pode facer a través da web http://www.linhaverdenegreira.es/. Unha vez rexistrado, o usuario poderá poñer en coñecemento o desperfecto detectado.

 

Con esta implantación, o Concello de Negreira pretende ofrecer aos cidadáns e empresas da súa contorna, un servizo totalmente de balde e que serve de canle de comunicación directa para que o noso concello cumpra as normas básicas do benestar social.

0
0
0
s2sdefault